Traslado do Santísimo Cristo da Paciencia de Conxo

  • A imaxe fue levada desde a Catedral ata a igrexa da Mercé nunha procesión acompañada por fieis
As procesións da Semana Santa compostelá chegaron á súa final este domingo 12 de abril co traslado do Santísimo Cristo da Paciencia desde a Catedral de Santiago ata a súa sede na igrexa da Mercé de Conxo. A procesión estivo acompañada pola banda de tambores da confraría, a Agrupación de Música e Baile Tradicional de Conxo e numerosos fieis e confrades.
Unha vez finalizado o traslado, tivo lugar a celebración da misa en honra ao Cristo da Paciencia, coincidindo co Domingo da Divina Misericordia. A eucaristía foi presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández.

Foto facebook.com/SemStaSantiago
Durante a súa homilía, o arcebispo centrou a súa mensaxe no saúdo do Cristo resucitado, subliñando a súa vixencia nun contexto actual marcado pola incerteza, o medo e as tensións sociais. Lembrou que, do mesmo xeito que os discípulos que permanecían “encerrados por medo”, tamén hoxe moitas persoas atravesan momentos de desconcerto nos que necesitan acoller esa mensaxe de paz “de xeito profundo e intenso”.
Monseñor Prieto invitou así mesmo a contemplar o Cristo da Paciencia non só como imaxe do sufrimento, senón como signo de vida e resurrección. “Non vemos soamente o que está na cruz, vemos o que vive e resucitou”, afirmou, destacando que a fe cristiá sostense nesa esperanza pascual.
Neste senso, evocou a figura do apóstolo Tomé e a súa dúbida, lembrando que “benaventurados os que cren sen ver”, nunha chamada a confiar incluso no medio das dificultades.
Previous articleSantiago acolleu o XVII encontro do voluntariado de Cáritas en Galicia no que cerca de 400 persoas reflexionaron sobre os desafíos sociais da pobreza
Next articleOs Equipos de Nosa Señora celebran o seu encontro rexional nol Seminario Menor da Asunción