D. Julián Barrio Barrio

 

Presidiu a Igrexa Compostelá desde 1996 a 2023

Cando este evento produciuse, levaba xa dous anos connosco. Chegara desde a Igrexa irmá de Astorga o día 7 de febreiro de 1993 en pleno Ano Xubilar, sendo consagrado na nosa Catedral como Bispo Titular de Sasabe e Auxiliar do seu antecesor. Desde outubro de 1994 ata o seu nomeamento gobernou a arquidiocese como Administrador Diocesano.

Naceu en Manganeses de la Polvorosa, provincia de Zamora e Diocese de Astorga, o 15 de Agosto de 1946. Cursou os estudos de Humanidades e de Filosofía no Seminario Diocesano de Astorga.