O Servizo Diocesano de Prevención e Atención de Abusos a menores, persoas vulnerables e as súas familias é un organismo da arquidiocese de Santiago. A súa razón de ser é promover unha cultura de respecto nas relacións humanas, acoller ás vítimas de abusos en todas as súas formas, protexelas, e axudarlles a recuperarse como persoas.
Se fuches vítima de abuso en calquera das súas formas (espiritual, de conciencia, sexual etc.) nun ámbito de Igrexa na nosa arquidiocese, estamos para axudarche. Acolleremos o teu testemuño e orientarémosche nos pasos para dar para que se recoñezan os teus dereitos e poidas curar a túa ferida. Contarás cunha axuda profesional e próxima: psicolóxica, xurídica e espiritual.
Atenderáseche con total confidencialidade polo coordinador deste servizo diocesano. Acolleremos a túa experiencia e todo o que necesites expresar.
O teu testemuño non será inútil, axudará a outras persoas e tamén á nosa Igrexa para que sexa un ámbito de respecto e confianza, e ao conxunto da nosa sociedade.
Podes contactar connosco en atencionamenores@archicompostela.org ou ben chamándonos ao 629 88 52 06