O arcebispo de Santiago afirma en Venres Santo que a cruz é signo de amor sen medida

  • O arcebispo mons. Francisco José Prieto invita a reflexionar sobre a verdade, o sufrimento e a esperanza desde a cruz.
 A Catedral de Santiago acolleu hoxe Venres Santo a cerimonia litúrxica da Paixón do Señor presidida polo arcebispo, mons. Francisco José Prieto Fernández.
A liturxia, marcada pola sobriedade propia deste día, alcanzou un dos seus momentos centrais coa proclamación da Paixón. Tras a lectura, o arcebispo invitou os presentes a penetrarse no significado da verdade, o sufrimento e a entrega, tomando como referencia a figura de Cristo crucificado.
Durante a homilía, monseñor Prieto partiu da pregunta de Poncio Pilato, “que é a verdade?”, para subliñar que, no relato evanxélico, a resposta non chega en forma de discurso, senón a través da propia vida de Xesús. “A resposta de Xesús é El mesmo, a súa vida entregada”, afirmou, destacando que a verdade se manifesta plenamente no amor levado ata o extremo.

O arcebispo repasou as distintas actitudes que aparecen no relato da Paixón -a traizón de Xudas, a negación de Pedro ou o clamor do pobo- como exemplos de como a verdade pode ser distorsionada ou negada. Con todo, afirmou en que “a verdade non morre”, mesmo cando é crucificada, porque nela reside unha forza que transcende o sufrimento. Neste sentido, definiu a cruz como unha “verdade que doe, pero que ilumina”.

O prelado tamén incluíu unha chamada a non permanecer indiferentes ante o dor allea. Evocou as realidades de guerra, violencia e sufrimento que persisten no mundo, sinalando que “segue habendo cruces e crucificados” na actualidade. Neste contexto, animou aos fieis para converterse en apoio e consolo para quen padece, como os cireneos do Evanxeo.

Así mesmo, tivo un recordo para Terra Santa, invitando á oración e a solidariedade cos seus habitantes, nunha rexión que, lembrou, continúa marcada polo conflito e a incerteza.

Finalente, o arcebispo dirixiu a mirada cara á esperanza que se abre máis aló do sepulcro. Así, subliñou a importancia do silencio propio do Venres e Sábado Santo como tempo de espera confiada.

A celebración concluíu coa adoración solemne da cruz, vivido polos asistentes nun clima de oración contemplativa e profundo respecto. A Catedral permaneceu en silencio durante boa parte do acto, reforzando o carácter introspectivo da xornada.

Os actos litúrxicos continuarán este Sábado Santo coa Solemne Vixilia Pascual, que se celebrará ás 22.00 horas e estará tamén presidida polo arcebispo. Esta cerimonia marcará o paso do silencio do sepulcro á proclamación da Resurrección.

Previous articleLuz na Noite: Vivir o Triduo Pascual no Centro Penitenciario Teixeiro
Next articleEn el umbral de la Pascua