Mons. Francisco Prieto proclama a alegría da Resurrección e chama a ser testemuñas do amor de Deus no Domingo de Pascua

  • Na Praza da Quintana tivo lugar a procesión e o Encontro con Cristo Resucitado nunha mañá de celebración.
  • O arcebispo, mons. Francisco José Prieto, invita a vivir a fe pascual como testemuño de vida.
 O día do Domingo de Pascua iniciouse ás 11:00hs na Praza da Quintana coa procesión e o Encontro con Cristo Resucitado. Posteriormente en a Catedral de Santiago de Compostela celebrouse a Misa Estacional do Domingo da Resurrección do Señor, presidida polo arcebispo, mons. Francisco José Prieto Fernández. A celebración incluíu a bendición apostólica con indulxencia plenaria.
A Pascua como vida nova e esperanza
Durante a súa homilía, o arcebispo centrou a súa mensaxe no sentido profundo da Pascua como experiencia de renovación interior. “A Pascua é isto: Deus recreando a nosa vida desde dentro”, afirmou, subliñando que a acción de Dios transforma a existencia humana desde o máis profundo.
Nesta liña, lembrou que ningunha situación está definitivamente pechada cando intervén Deus: “Ningunha escravitude é definitiva cando El actúa”, expresou, aludindo ás realidades de sufrimento, medo ou falta de esperanza que afectan as persoas. Así mesmo, destacou o carácter gratuíto do don pascual, insistindo en que “Deus ofrece vida gratuitamente”.
O centro da fe cristiá
Antes da liturxia da Palabra, o prelado asperxeu os fieis coa auga bendicida na Vixilia Pascual, en recordo do Bautismo e da vida nova que nace del.
O arcebispo proclamou con claridade o fundamento da fe cristiá: “Cristo venceu a morte”. A partir desta afirmación, destacou que “a última palabra é a vida. E esa vida ten un nome: Xesucristo resucitado”.
Este anuncio, sinalou, non pode quedarse nunha afirmación teórica, senón que esixe unha resposta concreta: “Se cremos que Cristo resucitou, entón non podemos vivir igual”.
Unha fe que se traduce en compromiso
Finalmente, o arcebispo desenvolveu invitou os fieis a poñerse ao lado da vida en todas as súas dimensións: desde o seu defensa nos momentos máis fráxiles ata a promoción da dignidade dos máis vulnerables, o coidado da creación e a construción de relacións baseadas no perdón e a paz.
Mons. Prieto destacou que a Pascua impulsa a abandonar unha fe acomodada para vivila de forma comprometida. Nesta mesma liña, animou aos fieis para dar testemuño coa súa propia vida: “Que as nosas obras, as nosas decisións, o noso xeito de vivir, sexan un anuncio silencioso pero real: a vida venceu”.

Previous articleMons. Francisco José Prieto: “A Pascua sácanos dunha fe cómoda e introdúcenos nunha fe comprometida”
Next articleFelicitación Pascual do Arcebispo de Santiago, mons. Francisco José Prieto Fernández