- Esta mañá Mons. D. Francisco José Prieto presidiu a celebración do Vía Crucis en Teixeiro.
O Santo Triduo Pascual é toda unha experiencia existencial no cárcere. Onte Xoves Santo, e hoxe Venres, tivemos ocasión de celebrar cos presos e presas de Teixeiro, coa nosa Igrexa encadeada, os acontecementos do Prendimiento, falso xuízo, Paixón e Morte do Señor. Onde humanamente todo é noite, Dios é Luz e Esperanza.
Para moitas persoas a dura estancia en prisión, que pon a proba a resistencia humana, é ocasión de encontro con Dios. Tamén para quen os acompaño -voluntariado, capeláns- é ocasión de encontro con Jesús e de vivificación da fe.
Os nosos pastores son moi próximos a esta realidade. Onte a Misa da Cea do Señor foi presidida polo Sr./Sr. Bispo de Mondoñedo-Ferrol, Mons. D. Fernando García Cadiñanos, que acompaña á Pastoral Penal en Galicia. Un salón de actos cheo celebrou uns oficios austeros e emotivos, co significativo lavatorio dos pés. Un nutrido número de reclusos de Teixeiro proceden de Ferrolterra, unha comarca moi golpeada socialmente pola reconversión industrial e a droga. Acompañárono un grupo de voluntarios e o equipo técnico do piso de permisos de Ferrol, así como a directora diocesana de Cáritas, Dª María Victoria González, e a Delegada diocesana, Dª Nieves Espiñeira.

Esta mañá presidiu a celebración do Vía Crucis Mons. D. Francisco José Prieto, ao que tamén acompañaron varias voluntarias e voluntarios da Pastoral, así como a Delegada diocesana Dª Yolanda Sánchez. A oración foi moi participada e emotiva, con meditacións elaboradas por presos de Soto del Real.
Un centenar ben superado de presos participaron, e despois tiveron ocasión de conversar co Sr. Arcebispo, quen os saudou un por un ao final. A continuación D. Francisco visitou o módulo-comunidade terapéutica, a UTE, reuníndose cos internos e internas, quen o obsequiou con recordos feitos por eles mesmos nos obradoiros educativos. Alejandro, cantautor, xunto a outros raparigos, interpretaron o himno da UTE, que expresa a dor e as dificultades para saír das drogas unha vez que estás atrapado nelas.
Juan González-Redondo












