As cinco dioceses galegas poñerán nome e rostro áo seu labor na presentación da Memoria de Actividades 2025

  • O acto celebrarase o martes 24 de novembro no Hotel Oca-Porta do Camiño de Santiago de Compostela.
  • A educación, o acompañamento ás persoas enfermas e a vida das comunidades rurais centrarán un encontro que dará protagonismo ás experiencias persoais.
As dioceses de Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Mondoñedo-Ferrol e Tui-Vigo presentarán o vindeiro martes, 24 de novembro, a súa Memoria de Actividades correspondente ao ano 2025. O encontro terá lugar ás 11.00 horas no Hotel Oca-Porta do Camiño de Santiago de Compostela.
A Igrexa en Galicia celebrará este acto conxunto para dar a coñecer a súa vida e a súa misión, explicar o destino dos recursos que recibe e agradecer a colaboración de quen sostén as súas comunidades, nunha edición na que se dará prioridade ás historias persoais.
A Memoria preséntase como un exercicio de transparencia e unha invitación para coñecer máis de preto a presenza da Igrexa na sociedade galega.
Previous articleA Diocese de Santiago participa na xornada “En clave de sinodalidade” en Madrid