Nun emotivo acto celebrado hoxe na Igrexa de Santa María Salomé de Santiago de Compostela, levou a cabo a bendición do novo trono da Virxe da Soidade. A cerimonia estivo presidida polo Arcebispo Mons. Francisco José Prieto Fernández, quen destacou a importancia deste momento para a comunidade relixiosa e a Ilustre Confraría da Virxe da Soidade.
O evento, que comezou ás 19:00hs, reuniu a fieis devotos e membros da confraría, nun ambiente de recollemento e solemnidade. Este novo trono simboliza non só o compromiso coa tradición, senón tamén a devoción que une aos crentes ao redor da figura da Virxe.
A bendición do novo trono marca un fito na historia da confraría e enmárcase nas celebracións relixiosas que teñen lugar neste tempo de Coresma e Semana Santa.