Xornada pola Vida | "Aos 30 anos da Evangelium Vitae"

As delegacións para o Servizo do Desenvolvemento Humano Integral e para a Familia e a Vida (Pastoral Familiar) celebrarán de modo conxunto a Xornada pola Vida cunha conferencia do Decano da Facultade de Teoloxía da Universidade Pontificia de Salamanca e director do Secretariado da Subcomisión Episcopal para a Acción Caritativa e Social da Conferencia Episcopal Española, Román Pardo Manrique. Coincidindo coas tres décadas da publicación polo papa Xoán Paulo II da encíclica Evangelium vitae (25 de marzo de 1995), ambas as delegacións queren lembrar a transcendencia deste texto do maxisterio pontificio.
Coa Evangelium vitae o papa Wojtyla inaugurou a cultura da vida, expresión que logo fixo fortuna. De feito, o “subtítulo” desta carta encíclica é toda unha declaración de intencións: “sobre o valor e o carácter inviolable da vida humana”. Neste texto fundamental o papa pide, en coherencia total cos ensinos do concilio Vaticano II, que a reflexión ética parta da revelación contida nas Escrituras. Por se quedaba algunha dúbida, a encíclica comeza a afirmación de que “o Evanxeo da vida está no centro da mensaxe de Xesús”.
A conferencia desenvolverase este mércores, 26 de marzo, ás 19:30 horas na o Aula Magna do Instituto Teolóxico Compostelán, situado en san Martiño Pinario.
Previous articleSanta María Salomé | Bendición do novo trono da Virxe da Soidade
Next articlePresentado o programa de Semana Santa en Santiago de Compostela