O Arcebispo de Santiago sobre a Semana Santa: "O relato da Paixón é contemporáneo e amósanos que cabe sempre a esperanza"

O Arcebispo de Santiago, Monseñor Francisco José Prieto, compartiu nunha entrevista en COPE, unha profunda reflexión sobre o sentido da Semana Santa. Segundo as súas palabras, este tempo litúrxico é “unha Semana Santa pola súa dimensión espiritual, pola súa dimensión crente”, e maniféstase con especial intensidade nas rúas de Galicia, onde as procesións “poñen nas nosas vidas a realidade de alguén con nome propio: Xesús, é o Señor

Monseñor Prieto subiña que esta semana “adquire una expresividade e unha fondura dentro dunha beleza e unha estética” que invitan a contemplar o amor de Cristo. Expresión bela, dramática e fonda, que ás veces golpea a nosa conciencia vendo un crucificado. Aí está a esperanza. “Si, porque nesa Cruz nos abraza un amor que non ten límites”. Para o Arcebispo de Santiago, a Resurrección representa unha mensaxe poderosa: “o amor vence a morte”.

Nun tempo onde a humanidade atravesa múltiples tensións e desafíos, guerra, incerteza ou indiferenza, Monseñor Francisco José Prieto convida tanto a crentes como a non crentes a descubrir “que temos horizonte, que temos sentido. Segue habendo no corazón da Humanidade posibilidades fermosas, no medio do drama ou violencia. O relato da Paixón ten tamén un relato contemporáneo. Cabe sempre abrir a esperanza”, destacando que a Semana Santa e a Pascua “ensínannos que a cruz é vida que merece a pena entregar”.

Previous articleProcesión da Virxe da Humildadd de Santiago de Compostela
Next articleMons. Francisco Prieto chama a "amar sen condicións" na solemne celebración do Xoves Santo na Catedral de Santiago