Procesión da Virxe da Humildadd de Santiago de Compostela

  • A Confraría da Humildade traslada a súa procesión ao Mércores Santo por primeira vez na súa historia.

Na Semana Santa de 2025, a Confraría da Humildade de Santiago de Compostela introduce unha importante novidade: a procesión que desde 2009 se realizaba os luns foi trasladada á noite do Mércores Santo.

A decisión, aprobada en asemblea polos confrades, responde á intención de evitar as dificultades que supoñía realizar a procesión un luns, cando moitos participantes debían atender compromisos laborais ao día seguinte. “Non é o mesmo acabar a procesión e recoller todo na madrugada dun luns, con xornada laboral ao día seguinte, que facelo en Mércores Santo, co xoves festivo”, explicou o Irmán Maior da Confraría, Rubén Marcuño.

A procesión saíu ás 21:30 horas desde a Igrexa de Santa María do Camiño e percorreu as principais rúas e prazas do centro histórico de Santiago. Como gran novidade, este ano a Confraría realizou Estación de Penitencia na Catedral de Santiago, tras recibir a aprobación do Cabido.

O acto solemne, oficiado polo arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto, estivo protagonizado polo paso da Virxe da Humildade.

 

Previous articleCatedral de Santiago de Compostela | Celebracións do Triduo Pascual
Next articleO Arcebispo de Santiago sobre a Semana Santa: "O relato da Paixón é contemporáneo e amósanos que cabe sempre a esperanza"