Reunión de trabalo da Comisión do Ano Santo

A Comisión Diocesana do Ano Santo 2027 celebrou hoxe, martes 27 de febreiro, a súa terceira reunión de traballo, enmarcada no proceso de preparación que a Arquidiocese de Santiago de Compostela vén desenvolvendo para a próxima convocatoria xubilar.
O encontro, presidido por monseñor Francisco José Prieto Fernández, serviu para continuar avanzando na planificación conxunta de iniciativas e para concretar novas liñas de coordinación pastoral. Os membros da comisión revisaron o estado dos traballos en marcha e compartiron propostas orientadas a fortalecer unha preparación progresiva, que implique de forma activa aos distintos ámbitos da vida diocesana.
Esta terceira sesión consolida o ritmo de traballo do equipo e reafirma o compromiso da Arquidiocese cun Ano Santo que quere ser non só un gran acontecemento, senón tamén un tempo de renovación espiritual e de proxección misioneira.
Previous articleDiálogo entre científicos da USC e teólogos do ITC sobre a Intelixencia Artificial
Next articleGalicia reduce a exclusión social, pero aumenta o risco de consolidar a precariedade estrutural