Este sábado 31 de decembro, a partir das 16:30h, a Catedral de Santiago acolle a cerimonia de clausura do Ano Santo Compostelán, durante a que se procederá ao peche solemne da Porta Santa.
Desenvolvemento da cerimonia
-Rito inicial e lectura da mensaxe do Papa Francisco, no interior da catedral.
-Procesión ata a praza da Quintana, saíndo pola Porta de Praterías.
-Rito de Peche da Porta Santa.
-Celebración da Eucaristía de Acción de Grazas, no Altar Maior.
Antes da cerimonia levarase a cabo un repique manual das campás da catedral, a cargo da Asociación Cultural Campaneiros de Galicia.
O repertorio musical inclúe varias pezas do compositor gallego Juan Durán (Premio da Cultura Galega 2013 e Premio Raíña Sofía de Composición 2018), encargadas con motivo da celebración do Ano Santo.