Mons. Barrio: “A Porta Santa como símbolo pechouse, mais segue sempre aberta a Porta que é Cristo, Camiño, Verdade e Vida"

  • Clausura do Ano Santo Compostelán

O peche da Porta Santa na Catedral de Santiago de Compostela supuxo na xornada de hoxe, marcada polo falecemento do Papa emérito Bieito XVI, o final do Ano Xubilar 2021-2022, unha apertura que non volverá repetirse ata 2027, cando se celebrará un novo Ano Santo.

Antes da cerimonia levou a cabo un repenique manual das campás da Catedral, a cargo da Asociación Cultural Campaneiros de Galicia.

Despois do Rito inicial na Catedral de Santiago, o Nuncio da súa Santidade en España, Bernardito Auza, deu lectura á mensaje del Papa Francisco que con motivo da Clausura do Ano Santo ha enviado ao arcebispo compostelán.

A continuación, en procesión dirixíronse ata a praza da Quintana, saíndo pola Porta de Praterías, para entrar pola Porta Santa e na que mons. Julián Barrio Barrio, procedeu a pechar a Porta Santa con chave pasadas tras orar, de xeonllos primeiro, e de pé, despois, ante ela.

Acto seguido, e xa no interior da Catedral de Santiago, o arcebispo presidiu unha Eucaristía en honra da Virxe Peregrina e en conmemoración do final do Ano Santo, acompañado do Nuncio da súa Santidade en España, do cardeal Rouco Varela, do seu bispo auxiliar, dos bispos da provincia eclesiástica, membros do cabido catedralicio e vida consagrada, sacerdotes e numerosos fieis.

A Santa Misa, na que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, actuou como delegado Rexio estivo chea de referencias ao Ano Xubilar. Mons. Julián Barrio dirixiuse aos fieis nunha homilía na que afirmou que “o Ano Santo Compostelán ao longo da historia foi conformando moitos dos aspectos da cultura, contribuíndo a ampliar a visión moral e suscitando cuestións de interese existencial que van máis aló das formulacións éticas, sen ocultar medos e insatisfaccións”.

Sinalou que estaban todos presentes nesa Eucaristía de clausura: “nenos, mozos, adultos e maiores co Apóstolo Santiago achegáronse  ao Señor para falar con El na cela interior da súa alma” pois -continuou – “este ano Santo axudou a purificar a fe, revitalizar a relixiosidade e renovar a vida cristiá”

O prelado aludiu ao gran número de peregrinos que chegaron a Santiago a pesar das enormes dificultades vividas ao longo dos dous anos que durou como a pandemia ou a guerra de Ucraína aos que “a Igrexa compostelá os animou a ser testemuñas do amor de Deus para que a súa vida brille pola verdade que fai libres e a caridade que resplandece na bondade e na compaixón” “Cantos peregrinos chegaron coas partituras das súas vidas incompletas unhas, con notas disonantes outras, pero despois todas harmoniosamente interpretadas na clave da graza divina pois a fidelidade e a misericordia de Deus duran por sempre” apuntou o arcebispo compostelán.

“A Porta Santa como símbolo pechouse, pero segue sempre aberta a Porta que é Cristo, Camiño, Verdade e Vida. A súa Luz fainos ver a Luz que nos compromete a levar o Evanxeo a todos e a mellorar as condicións de vida deste mundo, levando a fe á vida de cada día”.

Mons. Barrio mostrou o seu agradecemento polo vivido ao longo deste ano que termina: “a Deus de quen procede todo ben, agradezo ao Santo Padre ou seu alento no acontecer espiritual deste Ano Santo e a súa mensaxe. O meu recoñecemento e agradecemento ao Sr. Bispo Auxiliar, sacerdotes e membros da vida consagrada, ao Cabido Metropolitano, aos confesores, ás relixiosas, aos organistas e á coral da Catedral, aos servidores do altar, ás persoas empregadas e voluntarias, ás persoas de seguridade, aos membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, aos membros da Policía Local, aos medios de comunicación, ao persoal médico e sanitario, que contribuíron xenerosa e dispoñiblemente á organización e bo funcionaento da programación pastoral. Igualmente desexo manifestar a miña sinceira gratitude á Xunta de Galicia, ao Delegado do Goberno, e ao Concello de Santiago polas axudas e servizos prestados para unha boa acollida dos peregrinos”.

O arcebispo de Santiago lembrou ao Papa emérito Bieito XVI, que visitou Santiago con motivo do Ano Santo de 2010: “Hai doce anos visitábanos e quedaba admirado ante o Pórtico da Gloria”, a mesma gloria que agora lle desexou na súa viaxe definitiva. A súa admiración, lembrou mons. Barrio, plasmouse “con todo o sentir relixioso e tamén humano”.
A Eucaristía finalizou co abrazo emocionado do arcebispo de Santiago, mons. Julián Barrio, á imaxe pétrea do Apóstolo Santiago que preside altar da Catedral.
Durante a cerimonia interpretáronse diferentes pezas do compositor galego Juan Durán (Premio da Cultura Galega 2013 e Premio Reina Sofía de Composición 2018), encargadas con motivo da celebración do Ano Santo.
Previous articleHomilía de mons. Barrio na clausura do Ano Santo Compostelán 2021-2022
Next articleMons. Barrio preside la primera Misa del año en la Catedral