Presentación dos resultados do estudo: "Percepcións e espiritualidade no Camiño de Santiago: unha análise baseada nas enquisas e redes sociais"

Hoxe martes 7 de febreiro, e coincidindo con o  XXX aniversario da Ordenación Episcopal do arcebispo de Santiago mons. Julián Barrio Barrio, a Oficina de Acollida ao Peregrino foi testemuña da presentación dos resultados do estudo “Percepcións e espiritualidade no Camiño de Santiago: unha análise baseada en enquisas e redes sociais”. Un traballo realizado ao longo do ano 2021 por investigadores da Facultade de Economía da USC: María Luz Loureiro García, Xosé Antón Rodríguez González, Fidel Martínez Roget e Carlos Tilves Bellas.

María Loureiro foi a encargada de explicar a metodoloxía utilizada no estudo e desengranar o perfil global dos peregrinos que chegan a Santiago. Todo iso grazas a máis de mil cincocentas entrevistas a peregrinos e á análise dun millón de tuits publicados.

O acto contou coa presenza do arcebispo mons. Julián Barrio, do seu bispo auxiliar mons. Francisco Prieto, do ecónomo diocesano Fernando Barros, do director da Fundación Catedral de Santiago Daniel Lorenzo Santos, e a directora de Turismo de Galicia Nava Castro.

A modo de conclusións, púidose constatar que a motivación máis importante á hora de facer a peregrinaxe a Compostela é a espiritual(67.9 %), seguida polo desexo de recreo e relaxación (42.4 %), os motivos culturais (40.4 %), de lecer do deporte e aire libre (34,3 %) e os estritamente relixiosos (27.9 %). En canto aos beneficios intanxibles de peregrinar a Santiago de Compostela, o 44,4 % dos enquisados recoñece retornar con enerxías renovadas e un enfoque distinto sobre a súa vida; o 27,3 % recoñece o poder transformador desta experiencia, indicando «que nunca volvería ser a mesma persoa de antes»; o 17,1 % indica experimentar a espiritualidade, e/o a existencia de Deus nunha forma moito máis profunda; 6,1 % destaca retornar cunha nova comunidade.

Tamén se observou que son os peregrinos relixiosos e os espirituais os que desexan contribuír de volta ao Camiño. Ao analizar os seus comentarios, destacan o interese en participar como voluntarios de distintas parroquias na súa zona de residencia, ou confraternidades do Camiño de Santiago, para apoiar aos futuros peregrinos e dar a coñecer o Camiño a outros.

A análise das redes sociais parece apoiar esta idea de que o Camiño goza de boa imaxe. Os termos positivos superan os negativos en todos os léxicos usados, e ademais, de forma xeral, os tweets parecen inclinarse a mostrar cara ás valoracións positivas.

 

 

Previous articleFelicidades, Don Julián
Next articleBoletín oficial de xaneiro (2023)