Clausura do Ano Santo 21-22: VIXILIA DE ORACIÓN

Con motivo da Clausura do Ano Santo 21-22, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Julián Barrio, convócanos a unha Vixilia Oración para que todos os fieis cristiáns da Igrexa en Santiago de Compostela agradezamos os dons recibidos, que neste “Ano Santo contribuíron á edificación espiritual de moitas persoas animadas a vivir o seu compromiso cristián nas comunidades parroquiais e diocesanas, calzadas coas sandalias da esperanza”.

O acto terá lugar o venres 30 de decembro pola tarde

Iníciase cunha peregrinación desde a Alameda compostelá ás 16,30 h

A peregrinación discorrerá pola Rúa do Villar para encamiñarse cara á Catedral e entrar pola Porta Santa

A continuación, sobre as 17 h, terá lugar unha Vixilia de Oración  presidida polo Sr Arcebispo que duraría aproximadamente unha hora

 

Previous articleCondolencias e proximidade do arcebispo de Santiago ante o accidente de autobús en Cerdedo-Cotobade
Next article29D: Xornada da Sagrada Familia