- Esta mañá presidiu a misa do peregrino na Catedral.
Ronald A. Hicks, arcebispo de New York chegaba a Santiago onte á tarde tras cumprir un soño que desexara realizar toda a súa vida, e que, segundo as súas palabras, levaba preparando os últimos tres anos, percorrer unha das Vías de Esperanza da humanidade, como é o Camiño de Santiago, uníndose ao máis de medio millón de peregrinos que chegaron xa este ano ata a tumba do Apóstolo.
Esta mañá, Día da Santísima Virxe do Pilar presidiu a misa do peregrino, ás 12 da mañá. É un estadounidense, que domina á perfección o castelán e así o demostrou na eucaristía do mediodía. Animou aos presentes para considerar con que (a súa mochila, os seus bastóns, alén das súas oracións, os seus problemas e os seus pensamentos) e con quen realizara este percorrido (cos seus acompañantes e co resto de peregrinos). Relataba que experimentara unha experiencia moi forte, de “Xesús, camiñando comigo”. Manifestou que Santiago estivo moi presente en todo o camiño. Logo de reunirse co arcebispo Compostelán, Monseñor Francisco José Prieto, partirá de volta á súa diocese neoiorquina, co desexo de regresar e percorrer este itinerario na súa totalidade.
Deixou unha mensaxe de felicitación aos peregrinos, lembrando que “estamos aquí e habemos de seguir o camiño: O Camiño non termina aquí en Santiago. O Camiño é a vida, camiñar con Xesús ata o ceo, ata a vida eterna”.












