A Catedral de Santiago entrega a Compostela número 500.000 deste ano

Esta mañá, a Oficina de Acollida ao Peregrino, entregaba a Compostela número 500.000 deste ano 2025, durante un acto no que participou o Arcebispo de Santiago, Monseñor Francisco Prieto, e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Chegado na tarde deste domingo 19 de outubro, o peregrino 500.000 resultou ser Jairo Forero, de Colombia, que realizou a peregrinación a Santiago percorrendo o Camiño Portugués desde Baiona. Fíxoo acompañado do seu fillo, Nicolás, e peregrinaron en recordo da súa esposa e nai, falecida o pasado mes de decembro.

Durante o acto, Monseñor Prieto quixo subliñar a riqueza do Camiño de Santiago, que «vai levando a cabo unha transformación progresiva, que vai facendo que aquel que camiña se vaia descubrindo como peregrino, e así chega, nesa condición vital, espiritual, que fai quen aquí chega, aínda que cos pés cansos, faino co gozo de cumprir unha meta, feito que continúa nun corazón e unha vida transformados por esta experiencia».

Previous articleARROUPA Moda Re- celebra o seu 10º aniversario coa inauguración da súa nova tenda en Vilagarcía
Next articleCáritas Diocesana de Santiago impulsa en Pontevedra un centro pioneiro para mulleres en risco de exclusión co apoio da súa campaña de micromecenazgo