Do 4 ao 6 de outubro, Ribadeo convértese no epicentro cultural coa celebración da décimo novena edición das Xornadas Mar por Medio. Este evento, que se consolida como unha das citas culturais máis importantes da rexión, organizado pola Academia Xacobea en colaboración co Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e as Universidades de Santiago e Oviedo.
O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto Fernández, foi o encargado de impartir a conferencia inaugural destas Xornadas. Baixo o título “Os Camiños de Santiago e a Igrexa”, este relatorio enmárcase dentro do tema xeral das xornadas: “Os Camiños de Santiago, itinerarios de espiritualidade, tradición e cultura”.
Extracto da intervención de mons. Prieto: