O arcebispo de Santiago preside na cudade italiana de Matera unas xornadas dedicadas ao Camiño de Santiago e a peregrinación

  • Mons. Francisco José Prieto Fernández presidiu as celebracións con motivo da chegada, por primeira vez, das reliquias do Apóstolo Santiago á cidade italiana.
  • A visita pastoral pon de relevo el valor universal do Camiño de Santiago como itinerario de fe, comuñón e esperanza.
  • As comunidades de Santiago de Compostela e Matera dan un novo paso cara á un irmandamento espiritual inspirado na figura do Apóstolo.
O arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco José Prieto Fernández, realizou os días 12 e 13 de xullo unha visita pastoral á parroquia de San Giacomo de Matera (Italia), onde presidiu diversas celebracións con motivo da chegada, por primeira vez na historia da cidade, das reliquias de Santiago Apóstol procedentes do Santuario compostelán. O arcebispo estivo acompañado polo vicario xeneral da Arquidiocese de Santiago, José Andrés Fernández Farto, nunha iniciativa que supuxo un acontecemento de especial relevancia espiritual, eclesial e cultural para a comunidade italiana.

A presenza das reliquias do Apóstolo, custodiadas na Catedral de Santiago de Compostela, constituíu un dos momentos centrais do camiño de preparación para a festa de San Giacomo, que se celebrará entre os días 16 e 25 de xullo. A veneración pública das reliquias durante as celebracións eucarísticas permitiu aos fieis de Matera vivir un acontecemento extraordinario que fortalece os lazos históricos e espirituais entre ambas as Igrexas, unidas pola tradición da peregrinación e a acollida ao peregrino.

No marco da visita, celebrouse na parroquia de San Giacomo o seminario de estudo «Peregrinos e peregrinación. O Camiño de Santiago», un espazo de reflexión dedicado a profundar nas dimensións histórica, cultural e espiritual da peregrinación xacobea. Nel participaron representantes da Arquidiocese de Santiago de Compostela e diversos testemuños vinculados ao Camiño, que compartiron as súas experiencias e reflexións sobre o valor da peregrinación como itinerario de fe, encontro e crecemento persoal.

Durante a súa intervención, o arcebispo compostelán destacou que esta visita constitúe unha expresión concreta da comuñón entre as Igrexas particulares e da universalidade da Igrexa. “Vivimos unha fraternidade entre Santiago de Compostela e esta parroquia de Matera”, afirmou, á vez que subliñou que o Camiño de Santiago continúa sendo unha chamada dirixida a todas as comunidades cristiás para percorrer xuntas o camiño da fe.

Mons. Prieto invitou os fieis a vivir a peregrinación como unha experiencia comunitaria que conduce cara ao encontro co Señor. Así mesmo, explicou que a chegada a Santiago de Compostela non representa a meta definitiva do cristián, senón un signo que remite ao horizonte último da vida, a comuñón plena con Deus

Na súa reflexión sobre a figura de Santiago o Maior, o arcebispo lembrou a vocación do Apóstolo como discípulo chamado por Cristo a anunciar o Evanxeo. Esa chamada, explicou, segue sendo hoxe a misión de toda a Igrexa: dar testemuño dunha fe apostólica vivida con alegría, esperanza e espírito misioneiro.

No seminario interveu José Andrés Fernández Farto, quen ofreceu unha reflexión sobre a realidade actual do Camino de Santiago e a evolución que experimentou a peregrinación xacobea nas últimas décadas. Durante a súa exposición destacou como o Camiño pasou de ser unha tradición profundamente arraigada en Europa a converterse nun fenómeno de alcance mundial, capaz de atraer cada ano a peregrinos de todos os continentes e de perfís moi diversos.

O vicario xeneral sinalou que este crecemento veu acompañado dunha notable internacionalización da peregrinación, dunha maior diversidade de idades, procedencias e motivacións, así como da incorporación de novas ferramentas tecnolóxicas ao servizo do peregrino. No entanto, subliñou que, máis aló da súa dimensión cultural e turística, o Camiño mantén intacta a súa capacidade para ofrecer un espazo de silencio, reflexión e procura de sentido.

Fernández Farto lembrou que a experiencia xacobea segue estando marcada por valores como o esforzo compartido, a hospitalidade, a apertura ao encontro co outro e a conciencia de camiñar cara a unha meta, aspectos que continúan outorgando ao Camino unha profunda actualidade na sociedade contemporánea. Finalmente, puxo de relevo a misión de la Iglesia compostelá de acoller e acompañar aos peregrinos nas súas diversas procuras, facendo de Santiago de Compostela unha auténtica meta espiritual e un lugar de encontro con Cristo.

Os responsables da parroquia de San Giacomo cualificaron a presenza do arcebispo compostelán e das reliquias do Apóstolo como “unha graza de Dios” e un acontecemento que permanecerá na memoria da comunidade parroquial e de toda a cidade de Matera. Así mesmo, expresaron o seu desexo de que esta visita marque o inicio dun camiño de colaboración e irmandamento coa Igrexa Compostelá, inspirado na figura do Apóstolo Santiago e na experiencia compartida da peregrinación.

A visita enmárcase tamén nun contexto de crecente interese polo Camiño de Santiago entre os fieis italianos, especialmente na rexión de Basilicata, desde onde cada ano numerosos peregrinos emprenden o roteiro xacobeo ata Compostela. Neste sentido, Mons. Prieto animou a descubrir o Camiño como un espazo privilexiado para a conversión, o encontro con Deus e cos irmáns e o redescubrimiento do sentido profundo da existencia.

As celebracións concluíron cunha a Eucaristía presidida polo arcebispo de Santiago na parroquia de San Giacomo, na que numerosos fieis puideron venerar as reliquias do Apóstolo e recibir a bendición con elas. Un xesto cargado de simbolismo que expresa a proximidade espiritual entre Compostela e Matera e que reforza a vocación universal de Santiago como lugar de encontro, acollida e esperanza para os peregrinos de todo o mundo.

Previous articleA campaña de emerxencia de Cáritas Diocesana de Santiago para Venezuela supera os 70.000 euros nos seus primeiros 10 días
Next articleXornada de traballo de vicarios, delegados e directores de departamentos da Diocese