A Arquidiocese de Santiago reafirma o seu compromiso de escoita, prevención e acompañamiento ás víctimas de abusos

  • Mons. Francisco José Prieto destaca a importancia da escoita, a transparencia e a reparación.
  • A formación e a prevención centran o traballo para crear contornas seguras.
A Arquidiocese de Santiago presentou este xoves o balance de actividade do Servizo Diocesano de Prevención e Atención de Abusos a menores, persoas vulnerables e as súas familias, unha iniciativa renovada en 2024 no marco do compromiso da Igrexa coa prevención dos abusos, o acompañamento ás vítimas e a promoción dunha auténtica cultura do coidado. O servizo ofrece acollida, orientación e apoio a quen sufrise calquera forma de abuso no ámbito eclesial.

A rolda de prensa estivo presidida polo arcebispo de Santiago, Mons. Francisco José Prieto Fernández, acompañado polo coordinador do servizo, Luis García Bernadal, e por la portavoz, Milagros Otero Parga.

Durante a súa intervención, o arcebispo quixo agradecer publicamente o labor dos profesionais que integran o equipo do servizo e a dedicación coa que acompañan a persoas que, en moitos casos, deciden compartir experiencias dolorosas gardadas durante anos en silencio.

Mons. Prieto reiterou a petición de perdón ás vítimas de abusos e subliñou a vontade da Arquidiocese de seguir avanzando no acompañamento e a reparación. Neste sentido, asegurou que un dos principais obxectivos do servizo é que quen «necesite falar, saiba que pode acudir a este servizo diocesano, aínda que transcorresen moitos anos de silencio e sufrimento».

 A continuación, lembrou la chamada da Igrexa universal a responder a esta realidade desde a escoita, a verdade, a xustiza, a reparación e a prevención. En referencia ás palabras do papa León XIV, que definiu os abusos como unha «chaga aínda aberta», insistiu na necesidade de poñer ás vítimas no centro de toda actuación e de ofrecerlles unha resposta baseada na proximidade, a responsabilidade e o acompañamento.
Neste contexto, explicou que a Arquidiocese traballa para que cada persoa que acode ao servizo poida relatar o vivido ao seu propio ritmo, coñecer os pasos que pode dar e contar cunha referencia estable durante todo o proceso. Así mesmo, sinalou que a Igrexa debe estar sempre disposta a escoitar tamén as vítimas para mellorar os seus procedementos e corrixir aquilo que sexa necesario.
Mons. Prieto subliñou o seu compromiso coa transparencia e o rigor na xestión de cada caso: «Explicar publicamente como actuamos, dar conta das medidas adoptadas e recoñecer o que queda pendente, forma parte da nosa responsabilidade».
O arcebispo destacou igualmente que a prevención constitúe unha tarefa compartida por toda a comunidade diocesana. Por iso, insistiu na necesidade de formar a sacerdotes, catequistas, educadores e responsables pastorais para detectar situacións de risco e actuar axeitadamente ante calquera sinal de alarma.

Finalmente, lembrou que a protección de menores e persoas vulnerables esixe unha profunda cultura do coidado que alcance todos os ámbitos da vida eclesial e social. «Tomemos conciencia todos como Igrexa e tamén como sociedade. É un compromiso compartido», concluíu.
Pola súa banda, Milagros Otero destacou que o servizo traballa cunha política de «tolerancia cero fronte ao abuso» e unha atención centrada nas persoas que sufriron estas situacións. A portavoz fixo un chamamento a confiar neste recurso e sinalou que o obxectivo é tender pontes entre quen necesita axuda e as respostas que poden contribuír á súa reparación e acompañamento: «Hai persoas que necesitan ser escoitadas, acompañadas e atopar unha resposta ao sufrimento vivido».
Pola súa banda, Luis García Bernadal explicou que o servizo conta cun teléfono de atención permanente e que todas as actuacións desenvólvense respectando a vontade, os tempos e as necesidades de cada vítima. «O centro e a guía do noso servizo son sempre as vítimas», afirmou.

A presentación tivo lugar poucos días despois da IX Xornada de Oración e Penitencia polas Vítimas de Abusos, celebrada pola Iglesia en España. Na Arquidiocese de Santiago, a conmemoración contou cunha Eucaristía presidida polo arcebispo na igrexa de San Agustín, onde se rezou polas vítimas e renovouse o compromiso eclesial coa verdade, a xustiza, a reparación e a prevención. A celebración concluíu coa lectura do testemuño dunha vítima e unha oración por todas as persoas que sufriron abusos no seo da Igrexa.

Previous articleVixilia da Inmaculada – JDJ 2026