• As doazóns poden canalizarse a través do código Bizum 38188.

As doazóns poden canalizarse a través do código Bizum 38188. Con motivo da festividade do Corpus Christi, Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela súmase á celebración do Día da Caridade co lema “Mentres haxa persoas, hai esperanza”. Esta mensaxe reflicte o compromiso de miles de persoas que, desde a fe e a solidariedade, sosteñen unha rede de esperanza e acompañamento para quen vive situacións de pobreza, exclusión ou soidade.

A campaña quere poñer en valor a capacidade transformadora da acción comunitaria, da entrega desinteresada e do encontro persoal. En palabras do director de Cáritas Diocesana de Santiago, Pilar Farjas, “a esperanza non é unha idea abstracta, senón unha realidade viva que se concreta cada día no rostro de tantas persoas comprometidas co ben común”.

Durante estes días, as diferentes Cáritas parroquiais da diocese están a desenvolver actos e celebracións para visibilizar o papel da comunidade cristiá na construción dunha sociedade máis xusta e fraterna. Este domingo, nas eucaristías do Corpus, lembrarase especialmente o valor da caridade como motor de cambio e de acompañamento a quen máis sofren.

Un compromiso que se sostén grazas a miles de persoas

Cáritas lembra que o seu labor non sería posible sen a implicación de miles de persoas voluntarias, doantes e traballadoras que fan posible unha rede de apoio que acompaña a quen máis o necesitan. Na diocese de Santiago de Compostela, no último ano, máis de 2.500 persoas colaboran activamente con Cáritas na nosa diocese cada día, xa sexa no voluntariado, no apoio económico ou nos proxectos sociais.

“A esperanza constrúese cada día”, lembra a campaña, “nas visitas a domicilio, nos comedores, nos proxectos de emprego, no apoio escolar ou no acompañamento a persoas sen fogar”. Cáritas Diocesana de Santiago convida a toda a sociedade a sumarse a este compromiso, a mirar con compaixón, a actuar con xustiza e a non permanecer indiferente #ante o sufrimento alleo.

As doazóns poden canalizarse a través do código Bizum 38188 ou nas colectas habilitadas nas parroquias para ese efecto durante o día da Caridade.

 

Previous articleSolemnidade do Corpus Christi 2025 en Santiago
Next articleEncontro de investigadores da USC e teólogos do ITC arredor da intelixencia artificial