Encontro de investigadores da USC e teólogos do ITC arredor da intelixencia artificial

Na mañá deste pasado xoves tivo lugar no Palacio Arzobispal de Santiago de Compostela un encontro que reuniu a destacados investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e representantes do Instituto Teolóxico Compostelán (ITC).
Baixo a iniciativa do arcebispo, mons. Francisco José Prieto Fernández, en coordinación cos profesores Ángel Carracedo e Senén Varro, o encontro desenvolveuse no marco dunha proposta para fomentar o diálogo entre fe e ciencia, razón e espiritualidade.
A sesión foi conducida polo ex reitor da USC, Senén Varro, director do CITIUS, e figura pioneira no ámbito da intelixencia artificial en Galicia. O seu liderado propiciou un ambiente de intercambio aberto e enriquecedor entre os asistentes, quen debateu sobre os desafíos éticos, filosóficos e sociais que expón o avance da intelixencia artificial.

Entre os participantes figuraron recoñecidos nomes do ámbito universitario e teolóxico como Ángel Carracedo, Alejandro Catalá, Alfonso Novo Cid-Fuentes, Beatriz Sobrino, Carlos Miramontes Seijas, Esther Sande, Javier de Donato, Jorge Prado, José Luis Rey Tear, Luis Miguel Macho, Manuel Lama, María Brión, María Isabel Neira, María José Carreira, Ricardo Sanjurjo Otero, Fernando Barros e o propio Senén Barro.
O encontro deixou constancia da vontade dos ámbitos científico e ético de tender pontes ao redor dos grandes interrogantes do noso tempo; analizáronse algúns dos avances, así como describíronse os perigos e retos éticos dunha IA, que avanza a pasos axigantados, pero na que non todo vale. Non se tratou de buscar respostas definitivas, senón de abrir espazos para o diálogo e a reflexión conxunta. Unha iniciativa que se espera repetir no futuro con novas temáticas.

 

Previous article“Mentres haxa persoas, hai esperanza”, Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela celebra o Día da Caridade
Next articleTransparencia, solidariedade e misión: o rostro da Arquidiocese de Santiago de Compostela en 2024