Presentación do libro «O Camiño de Santiago. Por amor á arte»

O Arcebispo de Santiago, Monseñor Francisco Prieto, participou na presentación do libro «O Camiño de Santiago. Por amor á arte», unha nova publicación sobre a arte presente ao longo do Camino Francés, editada por PPC e cuxo autor é Enrique Agudo Mora. O acto tivo lugar no Museo Diocesano, e xunto ao Arcebispo compostelán e o autor, estiveron o director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo, o director editorial de PPC, Francisco Javier Navarro, e Raquel Jaén, directora do Museo da Colexiata de Santo Isidoro de León.
A publicación propón unha aproximación ao Camino de Santiago desde a perspectiva da arte e do patrimonio cultural, poñendo en valor a riqueza histórica e artística que atesouran las diferentes localidades por las que discorre o Camiño Francés. La última parte do libro realiza un amplo percorrido pola arte da catedral compostelá.
A través desta mirada, o Camiño preséntase non só como unha experiencia de peregrinación e espiritualidade, senón tamén como un extraordinario percorrido por séculos de historia, arquitectura e creación artística, no que o patrimonio constitúe un dos seus principais elementos de identidade.
A publicación, elaborada a modo de gran guía visual, conta con máis de 800 páxinas e 4.000 fotografías, así como interesantes gráficos, o que permite achegarse a esta dimensión cultural do fenómeno xacobeo de xeito didáctico, e descubrir novas formas de contemplar e comprender o legado artístico vinculado á peregrinación a Santiago de Compostela.

 

Previous articleComeza en Santiago o encontro que reúne a Igrexa e empresarios para reflexionar sobre Occidente