Homenaxe a Don José María Díaz

O Cabildo da Catedral de Santiago organizou este venres 17 de xullo un acto de homenaxe a Don José María Díaz, Deán Emérito, falecido hai un ano. O acto, que contou coa presenza do Arcebispo, Monseñor Francisco Prieto, serviu ademais para presentar tres volumes dixitais da revista do Arquivo catedralicio Annuarium Sancti lacobi, en concreto os números 12, 13 e 14, do ano 2026, que foron editados na súa honra. Tres publicacións nas que participaron máis de 50 persoas vinculadas dalgún xeito á traxectoria de Don José María Díaz, entre antigos compañeiros, amigos e estudiosos do fenómeno xacobeo.

Á homenaxe acudiron tamén os bispos de Lugo, Mondoñedo-Ferrol e Ourense, alén do emérito compostelán. Tamén estivo presente Don Pedro Díaz, irmán do homenaxeado.

Durante o acto, o cóengo arquiveiro, Don Francisco Buide, realizou un aspecto da figura de Don José María, mentres que Arturo Iglesias e Elena Novás, membros do arquivo catedralicio, repasaron vivencias e aspectos máis privados de Don José María, que estivo a cargo do Arquivo máis de 30 anos, sendo o artífice da súa modernización na transición entre os séculos XX e XXI. Pola súa banda, o arcebispo compostelán fixo un chamamento a manter vivo o recordo de Don José María Díaz, instando a todos os que se dedican á investigación histórica a seguir o seu exemplo de constancia e rigor no estudo.

O vindeiro luns 20 de xullo, ao 9.30 h, na catedral, celebrarase o funeral de primeiro aniversario.

Fonte: Catedral do Santiago

Previous articleO Arcebispo de Santiago recibe ao novo comisario do Xacobeo 2027
Next articleSeminaristas do Interdiocesano Apóstolo Santiago participan nas Xornadas Formativas de Verán da Conferencia Episcopal Española