D. Francisco acompaña o Santo Via Crucis no cárcere de Teixeiro

Celebrar o Venres Santo no cárcere ten unha resonancia moi especial. Significa entrar en comuñón co “preso máis famoso da historia”, unidos aos nosos irmáns e irmás presos, Iglesia no cárcere.

Desde a súa mesma orixe, a Igrexa sufriu o cárcere e acompañou os privados de liberdade. Loita por romper todas as cadeas, sexan estas a violencia ou as adiccións, a exclusión social, as fronteiras inhumanas ou o prexuízo.

O baleiro de Deus e a ausencia de esperanza. Hoxe presídenos un signo poderoso: un instrumento salvaxe de tortura convertido nun símbolo de amor. Desde o cárcere de Teixeiro, desde todas as prisións, alí onde un ser humano sofre ou se lle nega a súa dignidade, hoxe, Venres Santo renace a esperanza.

J.G.R.

Previous articleMons. Francisco Prieto chama a "amar sen condicións" na solemne celebración do Xoves Santo na Catedral de Santiago
Next article“A cruz non nos pode deixar indiferentes”: o arcebispo invita a vivir o Venres Santo como unha chamada persoal á conversión“