O ITC celebrará en setembro as XXV Xornadas de Teoloxía para reflexionar sobre o legado de Gaudium et Spes

  • As xornadas desenvolveranse os días 2 e 3 de setembro con conferencias presenciais e un videomensaxe do cardeal José Tolentino de Mendonça.
  • Santiago de Compostela reunirá a destacados especialistas con motivo do 60 aniversario da Constitución pastoral do Concilio Vaticano II.
  • O programa abordará os desafíos da fe, a cultura e o diálogo da Igrexa no mundo contemporáneo.
O Instituto Teolóxico Compostelán celebrará os próximos 2 e 3 de setembro as XXV Xornadas de Teoloxía, un encontro académico que, baixo o lema “Fe para un mundo novo”, conmemorará o 60 aniversario da Constitución pastoral Gaudium et Spes do Concilio Vaticano II.
A cita terá lugar en Santiago de Compostela e reunirá a recoñecidos profesores e investigadores para reflexionar sobre a actualidade e vixencia dun dos documentos máis influentes do pensamento contemporáneo da Igrexa. As xornadas comezarán o mércores 2 de setembro co acto de benvida e o saúdo institucional do arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco José Prieto Fernández, seguido da presentación oficial a cargo do director do Instituto Teolóxico Compostelán, Alfonso Novo Cid-Fuentes.
A primeira sesión académica estará dedicada a analizar o contexto relixioso e cultural das sociedades actuais. A profesora Zaida Espinosa Zárate, da Universidade Loyola, abrirá o programa coa conferencia “Máis aló da secularización: relixión, fe e sentido en sociedades post-seculares”. Posteriormente, José Alberto Barrera Marchesi, da Asociación Nunc Coepi, profundará na evolución histórica desde a cristiandade cara á sociedade postcristiana e a súa relación con Gaudium et Spes.
Durante a tarde, o profesor César Izquierdo Urbina, da Universidade de Navarra, analizará o proceso de diálogo impulsado pola Constitución pastoral desde unha perspectiva teolóxica, mentres que Martín Carbajo Núñez, da Pontificia Universidade Antonianum, ofrecerá unha reflexión sobre a conciencia, a liberdade e a verdade no contexto do actual paradigma tecnocrático.
A segunda xornada, o xoves 3 de setembro, continuará cunha mirada centrada na misión de la Iglesia e a comprensión do ser humano á luz da mensaxe cristiá. Pedro Fernández Castelao, da Universidade Pontificia de Comillas, abrirá a sesión cun relatorio sobre o misterio do home en relación co misterio de Cristo.
A continuación, Miguel López Varela, do Instituto Teolóxico Compostelán e da Universidade Pontificia de Salamanca, abordará o papel de la Iglesia no mundo actual desde as claves do diálogo, o discernimiento e o testemuño. Pola tarde, Michele Taba, da Universidade Eclesiástica Santo Dámaso, propoñerá unha lectura actualizada de Gaudium et Spes seis décadas despois da súa promulgación.
O programa concluirá coa intervención do cardeal José Tolentino Calaça de Mendonça, prefecto do Dicasterio para a Educación e a Cultura, quen participará mediante un videomensaje coa conferencia “A Igrexa e o progreso da cultura”, antes do acto oficial de clausura organizado polo comité responsable das xornadas. O encontro está dirixido tanto ao público xeral como a estudantes de institucións teolóxicas e universitarias. Os asistentes poderán participar de forma presencial ou en modalidade en liña e, unha vez finalizadas as xornadas, recibirán un diploma acreditativo xunto coas actas do congreso.
Previous articleNa Solemnidade do Apóstolo Santiago, o arcebispo compostelán chama desde o corazón do Evanxeo a construír unha sociedade baseada no servizo, a dignidade humana e a cultura do encontro
Next article8S | Segunda Xornada de Pastoral do Turismo