III Asemblea Diocesana de Pastoral

O Arcebispo de Santiago, Mons. Francisco José Prieto Fernández, convoca a todos os diocesano á III ASEMBLEA XERAL DE PASTORAL  que se celebrará en Santiago de Compostela o 14 de novembro de 2026, sábado posterior ao Día da Igrexa Diocesana.
Na Asemblea deste ano lembrarase a vixencia do actual PLAN PASTORAL DIOCESANO (PPD) poñendo o foco de atención nos seguintes temas:
1º) “Coñecer, acoller e aplicar as orientacións do Sínodo dos Bispos na diocese” (É o 1º obxectivo específico do PPD) e “constituír o Consello de Pastoral en cada arciprestado” (Aparece recolleito no número 3.4. do PPD)
2º) Presentar o novo Directorio diocesano para a pastoral de Iniciación e Revitalización da Fe e a Vida Cristiá implicando a todos os responsables pastorais na aplicación do mesmo (É o 2º Obxectivo específico do PPD)
3º) “Construír comunidades fraternas e acolledoras, capaces de crecer en unidade e corresponsabilidade (…) fomentando a acollida, o acompañamento e a atención pastoral aos migrantes”.
Están invitados a participar todos os sacerdotes e diáconos, relixiosos e relixiosas, consagrados e laicos implicados na pastoral ordinaria de parroquias, movementos, grupos, confrarías, asociacións, etc.
Para fortalecer o coñecemento dos axentes de pastoral en cada arciprestado pedímosvos que a inscrición se faga preferentemente a través dos arciprestes e vicearciprestes.
Na inscrición é nesario o nome completo das persoas que van asistir, a que arciprestado, congregación ou grupo representan, e que manifesten se van comer na Hospedería de Santo Martín Pinario. A reserva para a comida (20 €) farase por orde de inscrición ata completar os comedores.

ASAMBLEA GENERAL DE PASTORAL

Colexio La Salle (Santiago), sábado 14 de novembro de 2026

9:30Acollida (Os grupos pagan e recollen os tickets xuntos)
10:15Saúdo e oración inicial.
10:30Do encontro con Cristo á Renovación Pastoral.
11:15Sinodalidade práctica: Consellos de Pastoral nos arciprestados.
12:00Descanso: café, postos e mesas informativas.
12:45Directorio diocesano para a pastoral de Iniciación e Revitalización da Fe e a Vida Cristiá.
13:30Ano Santo Compostelán 2027. Toda a diocese acolle!
14:45Xantar en S. Martiño Pinario o onde cada cal o desexe.
17:00Eucaristía na igrexa de Santo Agostiño. Preside o Sr. Arcebispo.

 

Como PREPARACIÓN ESPIRITUAL inminente suxírese que uns días antes se organicen VIXILIAS DE ORACIÓN para facer realidade o Obxectivo Xeral do PPD: “Abrirnos ao don do Espírito Santo para renovar o noso encontro con Xesucristo e construír unha Igrexa misioneira, samaritana, sinodal e en saída”.

A INSCRICIÓN para participar débese facer antes do luns 9 de novembro escribindo á vicariapastoral@archicompostela.org ou a través deste formulario:

 

Asamblea
Previous articleA Coruña renova a súa devoción á Virxe do Rosario na tradicional Función do Voto