Felicidades, Don Julián

A Arquidiocese compostelá está de festa, pois nesta xornada cúmprese o XXIX aniversario da Ordenación Episcopal do noso arcebispo, mons. Julián Barrio Barrio. Un 7 de febreiro de 1993, en pleno Ano Santo, recibiu a Ordenación Episcopal na Catedral compostelá como bispo titular de Sasabe e auxiliar de mons. Antonio María Rouco Varela. Tres anos despois, o 25 de febreiro de 1996 tomaba posesión da Sede Compostelá tras ser nomeado arcebispo polo papa san Xoán Paulo II. Felicidades, Don Julián.

Previous articleCarta Pastoral no Día do Enfermo 2023
Next articlePresentación dos resultados do estudo: "Percepcións e espiritualidade no Camiño de Santiago: unha análise baseada nas enquisas e redes sociais"