- A Coruña celebra na igrexa de san Domingos a Función do Voto presidida polo arcebispo de Santiago.
- O Axuntamento renova o compromiso histórico da cidade coa Virxe do Rosario.
- O arcebispo ten un recordo achegado para os enfermos na Pascua do Enfermo e reivindica a vida como un tesouro na súa fraxilidade.
A cidade da Coruña celebrou hoxe domingo a tradicional Función do Voto en honra á súa patroa, a Virxe do Rosario. A cerimonia tivo lugar na igrexa de San Domingos e estivo presidida polo arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández.
Á Eucaristía asistiron numerosas autoridades autonómicas e municipais, entre elas o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, alén de representantes dos corpos e forzas de seguridade do Estado, institucións civís e sociais da cidade, comunidades parroquiais e membros da Confraría do Rosario.
A Función do Voto constitúe unha das celebracións máis emblemáticas do calendario relixioso e histórico coruñés. A súa orixe remóntase ao ano 1589, cando a poboación da Coruña, en plena defensa da cidade fronte ao ataque do corsario inglés Francis Drake, encomendouse á protección da Virxe do Rosario. Desde entón, a cidade renova anualmente este voto como símbolo de gratitude e de identidade colectiva.
Durante a cerimonia, o voto foi pronunciado polo concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego, en representación do Concello da Coruña. Na súa intervención, o edil destacou que aquela promesa “xeración tras xeración foi transmitido ou sentir profundo dunha cidade que sempre se recoñeceu na súa historia”.
Así mesmo, lembrou o espírito de resistencia e cohesión social que marcou aquel episodio histórico e subliñou o papel de María Pita como símbolo da fortaleza colectiva da cidade. “A Coruña sempre respondeu mellor cando soubo camiñar xunta”, afirmou, reivindicando un carácter comunitario que, segundo sinalou, segue definindo á sociedade coruñesa.
Pola súa banda, monseñor Prieto Fernández centrou boa parte da súa homilía nun chamamento para recuperar a esperanza, o diálogo e a proximidade humana nunha sociedade que, segundo advertiu, atravesa tempos marcados pola tensión, a violencia e a confrontación.
O arcebispo definiu A Coruña como unha cidade “aberta e acolledora” e pediu á Virxe do Rosario que continúe protexendo os seus habitantes para que “o corazón sexa un corazón próximo, reconciliado e un corazón que sabe amar”.
A partir da lecturas bíblicas proclamadas na celebración, o prelado invitou os presentes a converterse en “testemuñas da esperanza”, insistindo en que esta non pode construírse desde o illamento nin desde a indiferenza. Neste sentido, defendeu a importancia de escoitar ao outro e recoñecer a dignidade de cada persoa, mesmo no medio das diferenzas.
O arcebispo tamén apelou á na necesidade de “construír pontes” e de superar “os prexuízos, enfrontamentos e tensións” que, ao seu xuízo, dificultan a convivencia social.
Así mesmo, advertiu do “excesivo ruído” que, segundo sinalou, impregna a vida pública e entorpece unha escoita verdadeiramente atenta. Fronte a iso, reclamou a necesidade de “oídos no corazón” para comprender a verdade de cada persoa e promover unha convivencia asentada no respecto, a xustiza e a solidariedade.
No tramo final da súa intervención, o arcebispo quixo ter un recordo especialmente próximo para as persoas enfermas con motivo da Pascua do Enfermo, evocando a fraxilidade da vida e poñendo en valor a entrega silenciosa do persoal sanitario. “A vida é un tesouro que Dios nos dá”, expresou, nunha mensaxe que invitou o coidado mutuo e á defensa da dignidade humana en todas as etapas da existencia, desde o nacemento ata o final da vida.
A Función do Voto concluíu coa renovación do compromiso histórico da cidade coa Virxe do Rosario, nunha cerimonia que volveu unir tradición, fe e memoria colectiva no corazón da Coruña.






