As delegacións de Pastoral de Infancia e Mocidade, Familia e Catequese organizan o 1 de maio o XII Encontro diocesano de nenos e familias en Santiago de Compostela, convocado polo noso arcebispo Mons. Francisco José Prieto. Trátase dunha xornada festiva, que, baixo o lema: “Saíu o sementrador a sementar”, terá o seguinte horario:
0.30h – Acollida (Colexio de La Salle).
11.00h – Actuación VALIVÁN para todos
12.00h – Obradoiros (para familias e nenos)
- “Educar entre amor, redes e présas”: Taller preparado pola Delegación Familiar da Diocese,que dunha forma moi amena abordarán o tema da educación dos fillos. Neste trailer están invitados todos os pais e avós que participen na xornada. Obradoiro para pais.
- “A forza no pequeno”: Neste taller os nenos entre 3 e 6 anos terán a oportunidade de descubrir que a Dios gústalle o pequeno, porque do pequeno é capaz de facer cousas grandes. Este taller levarano a cabo os animadores da “Catequese do Bo Pastor”. Obrdoiro para nenos de 4°-6° de E. Infantil.
- “Escucha e gárdao no teu corazón”: A Palabra de Dios é un agasallo por abrir, un tesouro por atopar. Ven a descubrila para poder gardala, como algo moi valioso, no máis profundo do teu corazón! Este taller levarano a cabo os animadores da “Catequese do Bo Pastor”. Obradoiro para nenos de 1º-2º EP.
- “O anuncio do Reino” – Ven, Sígueme: A través da oración, a escoita da Palabra, a vida en grupo e o acompañamento próximo, Viens, Suis-Moi propón un camiño ou itinerario catequético no que os nenos aprenden a orar, a discernir e a comprometerse activamente na vida de la Iglesia; adaptándose á pedagoxía divina e o desenvolvemento dos nenos. Neste taller intentaremos axuntar todo iso para que os nenos poidan coñecer a Jesús a través da súa Palabra e a oración. Obradoiro para nenos de 3º-6º EP.
- A oración do corazón: Da man de San Xoán de la Cruz aprenderemos a gustar a Deus e a ter unha relación cada día máis intensa con Jesús. Este taller impartirano os Irmáns Carmelitas Contemplativos de Santiago de Compostela. Obradoiro para nenos de 3º-6º EP.
- “Sor Lúcia: Luz para o mundo”: O 10 de decembro de 1925 Sor Lúcia, unha moza cun corazón sinxelo que amaba moito a Dios, recibiu nunha Casa de Pontevedra unha mensaxe moi importante. Queres coñecelo e participar na misión? Acompañarannos os animadores da Casa da Virxe de Pontevedra. Obradoiro para nenos de 3º-6º EP. “
- …e caeu en terra boa e deu froito”: Un taller para descubrir, xogando e experimentando, como a semente do amor de Dios pode crecer en cada un. Impartirán o taller os membros da Delegación Diocesana de Catequese. Obradoiro para nenos de 3º-6º EP.
- Obradoiro Godly Play: “Un agasallo de Xesús”: Godly Play é un método que complementa a nosa catequese; un enfoque creativo e imaxinativo, baseado na Biblia, que axuda a explorar a fe a través das súas narracións. Promove que os nenos adquiran a arte de usar a linguaxe cristiá e acompaña o desenvolvemento da súa espiritualidade a través do pensamento reflexivo, o asombro, o silencio, a expresión artística e o xogo, para que eles mesmos exploren e descubran o misterio da presenza de Dios nas súas vidas. Obradoiro para nenos de 3º-6º EP.
- 14. 0h – Comida de trouxe (cada un trae o seu)
- 15.00h – Xogos
- 17h – Eucaristía na catedral presidida polo Arcebispo.Xa podes practicar as cancións que cantaremos na misa final, acompañados polo coro Adonai da Parroquia De Santiago de Arteixo:Quen pode participar?O encontro está pensado para nenos de Infantil e Primaria, acompañados dos seus familiares, catequistas, párrocos, profesores.Imos repartirnos en grupos para os obradoiros?Si, ofertaremos varios obradoiros ese día, poderedes dividir aos vosos nenos por idades en función dos catequistas que os acompañedes, xa que ningún neno pode acudir sen un responsable que lle acompañe.Que facemos os pais mentres os nenos están cos catequistas nos talleres?Os pais tamén terán os seus obradoiros pola mañá, preparados pola delegación de pastoral familiar.Temos que levar comida?Si, a comida é de trouren (eu trouxen empanada, tortilla, bocadillo). Cada un traerá o seu.Que facemos con os autobuses?Unha vez que á mañá chegan a La Salle e descargan á xente, márchanse ata as 18h, hora na que termina a Eucaristía, e pódenvos recoller preto da catedral (nas dársenas de Xoán XIII).Hai que pagar algo?Este ano pedímosvos unha achega voluntaria de 1€ por participante para cubrir os gastos que carrexa o encontro e que recolleremos na mesa de inscrición.Hai que inscribirse?Si, a inscrición realízase en grupo: parroquia, colexio, movemento, etc. enchendo o seguinte formulario.












