As delegacións de Pastoral de Infancia e Mocidade, Familia e Catequeses organizan o 1 de maio o XII Encontro diocesano de nenos e familias en Santiago de Compostela, convocado polo noso arxebispo Mons. Francisco José Prieto. Trátase dunha xornada festiva, que, baixo o lema: “Saíu o sementador a semementar”, terá o seguinte horario:
10.30h – Acolliida (Colexio de La Salle).
11.00h – Actuación VALIVÁN para todos
12.00h – Obradoiros (para familias e nenos)
14.00h – Xantar de trouxen (cada un trae o seu)
15.00h – Xogos
17h – Eucaristía na catedral presidida polo Arcebispo.
Quen pode participar?
O encontro está pensado para nenos de Infantil e Primaria, acompañados dos seus familiares, catequistas, párrocos, profesores.
Imos repartirnos en grupos para os obradoiros?
Si, ofertaremos varios obradoiros ese día, poderedes dividir os vosos nenos por idades en función dos catequistas que os acompañen, xa que ningún neno pode acudir sen un responsable que o acompañe.
Que facemos os pais mentres os nenos están cos catequistas nos obradoiros?
Os pais tamén terán os seus obradoiros pola mañá, preparados pola delegación de pastoral familiar.
Temos que levar comida?
Si, a comida é de trouexen (eu trouxen empanada, tortilla, bocata). Cada un traerá o seu.
Que facemos cos autobuses?
Unha vez que á mañá chegan a La Salle e descargan a xente, marchan ata as 18h, hora en a que termina a Eucaristía, e poden recoller a súa xente cerca da catedral (nas dársenas de Xoán XIII).
Hai que pagar algo?
Este ano os pedimos unha achega voluntaria de 1€ por participante, para cubrir os gastos que acarrea o encontro e que recolleremos na mesa de inscrición.
Hai que inscribirse?
Si, a inscrición realízase en grupo: parroquia, colexio, movemento, etc. Máis adiante publicarase o formulario de inscrición.













