O Instituto Teolóxico Compostelán (ITC) celebrará os próximos días 5 e 6 de maio de 2026 unha nova edición das súas tradicionais Conferencias de Primavera, que nesta ocasión virarán ao redor do suxestivo título “Deseñar novos mapas de esperanza”.
A proposta inspírase na Carta Apostólica publicada o 27 de outubro de 2025 co mesmo nome, con motivo do 60 aniversario da declaración conciliar Gravissimum educationis, centrada na importancia da educación na vida do ser humano. Neste documento, o Papa León XIV subliña que a educación non é unha tarefa secundaria, senón “o tecido mesmo da evangelización”, destacando o seu papel fundamental na misión de la Iglesia.
O texto pontificio invita ademais as comunidades educativas a adoptar unha actitude dinámica e creativa: lonxe de replegarse, están chamadas a “construír pontes” e abrir novas posibilidades para a transmisión do coñecemento e do sentido.
Neste contexto, o ciclo de conferencias abordará dúas cuestións crave da educación contemporánea.
O martes 5 de maio, Fernando González Alonso, decano da Facultade de Educación da Universidade Pontificia de Salamanca, ofrecerá o relatorio titulado “A migración e a interculturalidade na educación”, na que reflexionará sobre os desafíos e oportunidades que expón a diversidade cultural no ámbito educativo.
O mércores 6 de maio será a quenda de José Fernando Juan Santos, membro do Equipo de Evangelización da Rede de Colexios Marianistas de España, quen impartirá a conferencia “Educar desde dentro: interioridade, sentido e experiencia na pedagoxía contemporánea”, centrada na dimensión interior do proceso educativo.
Ambas as sesións terán lugar na aula Magna do ITC ás 20.00 horas, abertas a todas as persoas interesadas en profundar no papel da educación como ferramenta de transformación social e esperanza.












