Mons. Francisco Prieto predica o Sermón das 7 Palabras na Capela das Ánimas

A Capela das Ánimas de Santiago acolleu a mañá deste Venres Santo Venres Santo a predicación do Sermón das sete Palabras a cargo do Arcebispo electo compostelán D. Francisco José Prieto Fernández.
Este Sermón consiste de sete curtas pero profundas sentenzas, e nestas sete palabras esta contido todo o que O noso Señor manifestou desde a Cruz: «Pai, perdóaos porque non saben o que fan» que pronunciou Xesús na cruz. «Hoxe estarás comigo no Paraíso», «Muller, aí tes o teu fillo. Fillo, aí tes a túa Nai»,«Meu Deus, meu Deus, por que me abandonaches?», «teño sede», «Todo está cumprido» e «Pai, nas túas mans encomendo o meu espírito».
Mons. Prieto, ante a necesidade que temos os homes de acoller as palabras de Xesús, convidou a saborealas e acollelas como dirixidas directamente a cada un.
Coa contemplación das Últimas Palabras de Xesús convidaba D. Francisco a descubrir o sentido de canto o Señor era e de canto viñera a facer neste mundo, o último e mellor tesouro da súa vida e da súa morte.
Previous articleMons. Barrio, presidiu a celebración da Cea do Señor na Catedral compostelá
Next articleMons. Francisco Prieto presidiu esta tarde a celebración da Paixón do Señor en A Coruña