«Para quen somos?», a pregunta que abriu o encontro entre Igrexa e empresarios

  • O Arcebispo de Santiago invitou os participantes a fixarse nos que pasan inadvertidos. Fíxoo na misa do peregrino celebrada en Santo Agostiño, nla véspera da xornada de traballo deste venres en San Martiño Pinario.
 O arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, invitou este xoves, 5 de novembro, aos participantes no IV Encontro Iglesia-Empresarios a facerse unha pregunta que incumbe tanto á vida privado como ao mundo da empresa: «Para quen son?». Expúxoa durante a misa do peregrino que presidiu na igrexa compostelá de San Agustín, con la que comezou o encontro organizado polo Arcebispado baixo o título «A civilización occidental».

Na súa homilía, monseñor Prieto partiu doutra pregunta, «Quen son?», e lembrou como o encontro con Cristo no camiño de Damasco cambiou a vida de san Paulo. Tamén na historia de cada persoa, sinalou, é posible recoñecer a presenza de Deus a través de rostros próximos: un familiar, un amigo ou un compañeiro. O arcebispo advertiu, con todo, que a propia identidade pode converterse nun muro cando se vive á defensiva fronte aos demais. Aludiu á soidade de tantas persoas nun tempo no que as redes sociais permiten comunicarse ao instante.
Ao comentar as parábolas da ovella perdida e da moeda extraviada, subliñou que «ninguén se pode dar por perdido». Lembrou o xesto do pastor que sae a buscar á ovella e o da muller que segue buscando a moeda ata atopala. Invitou así a reparar en quen adoita pasar inadvertidos e a preguntarse que resposta se dá ao estranxeiro, ao peregrino ou a quen se sente esquecido. Nese contexto, agradeceu as palabras do oferente, que levara esa mesma reflexión ao terreo da empresa ao preguntarse para quen traballan os empresarios.
Tras a misa, o programa de la velada incluíu un concerto do Orfeón Terra a Nosa e a Orquestra Terra a Nosa, baixo a dirección de Luís Martínez, no Museo Diocesano, na igrexa de San Martiño Pinario. O repertorio reuniu obras de música sacra barroca de Giovanni Legrenzi e Antonio Vivaldi, entre elas o Gloria deste último.
Mañá, venres 6 de novembro, a xornada de traballo comezará ás 9.30 horas no Salón Peregrinos da Hospedería de San Martiño Pinario, coa benvida do arcebispo e a intervención de María Dolores Sánchez Galera, asesora do Dicasterio para o Desenvolvemento Humano Integral. Os relatorios e a mesa redonda abordarán o futuro da ética, o papel das institucións, a relación entre familia e empresa e o lugar de Galicia en Occidente.

Previous articleO Arcebispado de Santiago e ABANCA renovan o seu convenio financeiro
Next articleIgrexa e empresarios reflexionan en Santiago sobre as raíces de occidente e o seu futuro