Mons. Francisco Prieto chama á conversión do corazón na Asemblea Diocesana

Este sábado, 16 de novembro de 2024, a Arquidiocese de Santiago de Compostela levou a cabo a Asemblea Pastoral Diocesana de Representantes no Colexio La Salle de Santiago. O evento, convocado polo Arcebispo Mons. Francisco Prieto e organizado polo Vigairo de Pastoral D. Javier Porro, xunto ao seu equipo, reuniu a unha ampla representación da comunidade diocesana, incluíndo diferentes órganos, axentes de pastoral e realidades significativas.

Á cita acudiron vigairos episcopais, delegados e responsables de departamentos, así como membros do Consello Diocesano de Pastoral, o Consello Presbiteral e o Consello de Consultores. Tamén estiveron presentes arciprestes, vicearciprestes e secretarios dos novos Arciprestados, ademais de representantes laicos e da vida relixiosa e consagrada. A convocatoria incluíu os responsables de movementos, asociacións, grupos apostólicos laicales e presidentes de confrarías, asegurando unha ampla representación de todas as facetas da vida eclesial.

A xornada comezou ás 10:00 horas coa chegada dos participantes, seguida por un momento de oración, coordinado e amenizado con cancións polo grupo “Xentes daquí e dacolá”, orixinario da Pascua Xoven de Arousa.

Previous articleEl Arzobispo presenta la campaña  de cáritas a favor de los damnificados del levante
Next articleO Seminario Maior Interdiocesano e o Seminario Menor de Santiago celebraron o Funeral de Benefactores.