O Seminario Maior Interdiocesano e o Seminario Menor de Santiago celebraron o Funeral de Benefactores.

Hoxe luns, 18 de novembro, ás 17:30 h., na capela xeral do Seminario Menor da Asunción, celebrouse a Santa Misa solemne, presidida polo Ilmo. Sr. Vicario Xeneral da Arquidiocese, D. José Andrés Fernández Farto, en memoria dos benefactores defuntos dos Seminarios Maior e Menor.
Xunto aos equipos formativos do Seminario Maior Interdiocesano e do Seminario Menor, asistiron a esta celebración os seminaristas maiores, e o conxunto da comunidade educativa do Seminario Menor, alumnos e profesores.
O Sr. Vicario Xeneral convidou os presentes a ter un recordo agradecido para con aqueles que, coa súa oración, traballo e esforzo, contribuíron ao sostemento de ambas as institucións.

 

Previous articleMons. Francisco Prieto chama á conversión do corazón na Asemblea Diocesana
Next articleConvenio de colaboración entre o Concello de Forcarei e a Arquidiocese de Santiago de Compostela