ASEMBLEA DIOCESANA
15 novembro 2025

Entre os OBXECTIVOS deste encontro destacan: Presentar o Plan Pastoral 2026-2029 e o obxectivo xeral “abrirnos ao don do Espírito Santo para renovar o  noso encontro con Xesucristo e construír unha Igrexa misioneira, samaritana, sinodal e en saída”

Poden participar sacerdotes, relixiosos-as, laicos, axentes de pastoral, membros de grupos, movementos, asociacións, confrarías…

Sábado 15 novembro en La Salle (Santiago)

9:30 acollida e pago do xantar

10:15 Saúdos, oración…

Sr. Arzobispo explicará as liñas xerais do Plan Pastoral cuatrienal.

Presentación das 3 PRIORIDADES pastorais e os 3 OBXECTOS específicos.

12:15 descanso

13:00 recoger o sentir dos participantes

Loanza e oración

Conclusión

14:30 xantar en S. Martiño Pinario (20 €) Para potenciar os vínculos nos novos arciprestados hai que facer INSCRICIÓN nominal a través dos arciprestes e vicearciprestes ou das Delegacións, no caso de que veñan persoas vinculadas a estas.

16:30 acceso á Catedral e ensaio de cantos.

17:00 Eucaristía na Catedral

 

Previous articleO arcebispo preside a Eucaristía no Convento dos Carmelitas na festa de Santa Tareixa
Next articleO profesorado de Relixión participa nunha xornada de formación en Santiago