A Igrexa compostelá celebraremos este próximo sábado 25 de xuño a Asemblea Diocesana anual. Un encontro ao que o arcebispo, mons. Julián Barrio, convida a participar a todos os bautizados. A Asemblea quere ser unha festa de irmandamento que empezo a superar os duros meses de pandemia sufridos e que, en demasiadas ocasións, obrigaron a suspender actos tradicionais da arquidiocese ou a limitar os aforos.
A Asemblea desenvolverase no colexio La Salle de Compostela a partir das 10:45 horas. Este ano a data é especialmente significativa xa que coincide con clausúraa en Roma do X Encontro Mundial das Familias polo papa Francisco. O encontro diocesano é, por tanto, un bo momento para tomar conciencia de que somos Igrexa en comuñón co resto de Igrexas do mundo, Igrexa plural en carismas e unida nunha mesma fe, que peregrina, celebra e se compromete a unha conversión persoal e eclesial permanente para levar o Evanxeo ata o último confín da terra.
Como expresaba na súa carta o bispo auxiliar, mons. Francisco José Prieto, convidando a todos a participar na Asemblea,“será unha xornada para celebrar e orar, escoitar e compartir, unha oportunidade para renovar a esperanza en Cristo e o compromiso de seguir sementando o Evanxeo, sendo unha Igrexa que camiña unida”.
Programa da Asemblea
10,45 – 11 h: Acollida
11,00 h: Primeira parte
– Oración inicial
– Dous anos de pandemia
– Ano Santo
– Fase diocesana Sínodo
12,15 – 12,45 h: Descanso
12,45 – 14 h: Segunda parte
– Testemuños
– Plan Pastoral trienal
– Palabras finais do Sr. Arcebispo
14,30 h: Xantar (comedor Facultade de Medicina)
Para inscribirse na Asamblea e no xantar (15€ c/u: se aboa ao chegar á Asamblea):
https://archicompostela.es/asambleadiocesana/
Fonte: Antonio Gutiérrez, Equipo organizador