Na Solemnidade de Todos os Santos, o arcebispo invita a descubrir a Cristo no irmán como camiño de santidade

  • Monseñor Prieto Fernández presidióu a eucaristía na Catedral compostelá e destacou a importancia de recoñecer a Cristo nos demais como camino de santidade e signo de fraternidade cristiá.

A Catedral de Santiago acolleu este sábado, 1 de novembro, a tradicional Misa estacional con motivo da Solemnidade de Todos os Santos. A celebración, que comezou ás 11:40 horas, estivo presidida polo arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, e concelebrada por sacerdotes e membros do cabido catedralicio. O acompañamento musical correu a cargo do coro Cardeal Quiroga, que puxo voz a unha cerimonia marcada polo recollemento, a fe e a esperanza.

Durante a súa homilía, monseñor Prieto Fernández dirixiu unhas palabras de benvida aos numerosos fieis e peregrinos que encheron o templo compostelán, lembrando que a Catedral “ofrece unha meta que non é final, senón que nos mostra unha meta maior, unha meta de plenitude”. O arcebispo tamén convidou os presentes a mirar a vida cristiá como un camiño de esperanza que se constrúe día a día, cos pés na terra e o corazón orientado cara a Deus.

Apoiándose nas lecturas do día, lembrou que a santidade non se limita ás figuras recoñecidas pola Igrexa, senón que se manifesta tamén na vida cotiá de tantas persoas anónimas que viven a súa fe con sinxeleza e entrega. “Os santos da porta da beira”, expresou, retomando as palabras do papa Francisco, “son pais, nais, traballadores, crentes que fan da súa vida un testemuño de amor e xenerosidade”.

O prelado compostelán tamén subliñou a importancia de recoñecer nos demais o rostro de Cristo, destacando que “só no próximo recoñecemos a ese Cristo que vén a nós hoxe feito palabra, pan de Eucaristía e espéranos no irmán”. Neste sentido, lembrou que a verdadeira esperanza cristiá non consiste en evadirse do mundo, senón en transformar a realidade desde a fe, a misericordia e a xustiza.

O arcebispo tamén se detivo nas Bienaventuranzas, proclamadas no Evanxeo do día, afirmando que “non son un simple código ético nin un consolo pasaxeiro, senón o rostro mesmo de Deus reflectido no rostro dos santos”. Convidou así a todos os fieis a vivir a fe como un compromiso activo, guiado polo amor de Dios e a compaixón cara aos demais.

Finalmente, mons. Prieto fixo referencia ao recente documento do papa León, Dilexi te, lembrando que nel sinálase que a verdadeira medida do amor cristián maniféstase no servizo aos máis esquecidos. “Velaí o camiño da santificación. Velaí o camiño dos santos”, citou o arcebispo, subliñando que a santidade non se alcanza no illamento, senón na entrega xenerosa e fraterna aos demais.

As festividades de Todos os Santos e dos Fieis Defuntos, que se prolongan durante estes días, ofrecen aos cristiáns unha oportunidade para renovar a súa fe e lembrar que a vida non termina coa morte. A Igrexa convida a mirar con esperanza o misterio da vida eterna e a manter viva a memoria de quen partiu, confiando en que xa descansan na presenza de Deus.

En toda la Arquidiocese

Previous articleDías de fe, memoria e esperanza: Solemnidade de Todos os Santos e Conmemoración de todos os Fieis Defuntos
Next articleExposición itinerante “Rostros e retos do mundo do traballo”