Orar, acompañar e non esquecer: a Arquidiocese recorda as víctimas de tráfico

  • Unha xornada de oración, organizada polo Departamento de Pastoral da Estrada, adiantada ao Día Mundial en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico.
  • O arcebispo pide proximidade cos afectados e apela á responsabilidade ao volante.
A Arquidiocese de Santiago celebrou este venres na Coruña unha xornada diocesana de oración en memoria das vítimas dos accidentes de tráfico, un encontro marcado polo recordo, a esperanza e o apoio ás familias que perderon a un ser querido, así como ás persoas que afrontan as secuelas físicas e psicolóxicas de sobrevivir a un sinistro.
A iniciativa adiantouse á conmemoración do Día Mundial en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico, promovido pola ONU e que se celebra este domingo. Ao longo da xornada, a Igrexa compostelá quixo poñer o foco tanto na dor da perda como na necesidade de acompañar a quen continúa reconstruíndo as súas vidas tras un accidente.

La primeira parte dos actos tivo lugar na estación de autobuses da cidade, ante o monólito que lembra ás vítimas de tráfico. Alí desenvolveuse unha homenaxe no que participaron a presidenta de Stop Accidentes, representantes da Delegación do Gobierno, a concelleira de Mobilidade da Coruña e a xefa provincial de Tráfico e coordinadora da Dirección Xeral de Tráfico en Galicia.

En representación da Arquidiocese asistiron Rubén Diéguez Gutiérrez, director do Departamento de Pastoral da Estrada, e Juan Ventura Martínez Reboeiras, delegado de Pastoral do Turismo, delegación á que pertence o departamento. Diéguez reivindicou «o acompañamento, a proximidade, a acollida e a oración».

A xornada continuou pola tarde cun xesto cargado de simbolismo. A las seis, a asociación Sinos de Bronce recuperou o toque manual a defuntos no campanario da Colexiata de Santa María del Campo. Unha hora despois, o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, presidiu a eucaristía organizada polo Departamento de Pastoral da Estrada, concelebrada por varios sacerdotes da Coruña, entre eles o abade da colexiata, Severino Suárez e o capelán castrense, Juan Antonio Mañán.

A celebración reuniu a familiares de persoas falecidas nas estradas, a feridos en proceso de recuperación e a quen os acompaña nese camiño. Tamén asistiron representantes da Garda Civil, da Xefatura Provincial de Tráfico e da asociación Stop Accidentes.

Durante a súa homilía, o arcebispo partiu do relato evanxélico da morte de Lázaro para achegarse ao sufrimento de quen perdeu un ser querido de forma repentina. Evocou como a ausencia se fai presente nos momentos máis cotiáns e recoñeceu que, ante determinadas situacións, incluso a oración pode resultar difícil. «E se hoxe a algún lle custa rezar, aquí estamos para rezar con el», afirmou dirixíndose ás familias.

Monseñor Prieto invitou a confiar os defuntos á misericordia de Deus e apelou a toda a comunidade cristiá para que non esqueza a quen atravesa o dó cando pasan as primeiras semanas de dor.

O prelado dedicou tamén unha parte da súa reflexión a quen sobrevive aos accidentes e deben afrontar longos procesos de rehabilitación ou importantes cambios na súa vida persoal, familiar e laboral. Neste sentido, chamou a recoñecer o esforzo diario dos feridos e de quen os coida, lembrando que xestos sinxelos, como facilitar un desprazamento a rehabilitación ou relevar unhas horas a un coidador, poden converterse nunha axuda decisiva.

Así mesmo, expresou o seu agradecemento aos profesionais sanitarios, aos servizos de emerxencia, á Garda Civil e aos distintos corpos policiais que interveñen nos primeiros momentos tras un accidente, así como ás asociacións que permanecen ao lado dos afectados cando chega o momento de afrontar as consecuencias do sinistro.

O arcebispo pediu tamén prudencia ao volante e apelou á responsabilidade de cada condutor ao lembrar que «a quen comparte o camiño connosco pode estar ao esperar alguén en casa».

Previous articleAs Xornadas de Piedade Popular conclúen en Santiago coa mirada posta nos peregrinos do próximo Ano Santo
Next articleLa III Asamblea Diocesana de Pastoral impulsa comunidades que acogen, acompañan y comparten la fe