- Máis de corenta dioceses participaron nun encontro centrado no valor evanxelizador da relixiosidade popular.
- O Camiño de Santiago e a pastoral de peregrinacións marcaron boa parte das reflexións.
- Os organizadores destacan a necesidade de pasar da acollida ao anuncio explícito do Evanzeo.
As Xornadas de Piedade Popular concluíron este venres, 13 de novembro, en Santiago de Compostela cun traballo que continuará nas dioceses. Durante tres días, representantes de máis de corenta dioceses españolas estudaron como acompañar a quen percorre o Camiño de Santiago, tanto durante a peregrinación como ao regresar á casa. As súas achegas servirán para preparar unha proposta pastoral común de cara ao próximo Ano Santo compostelán.
O encontro, organizado pola área de Piedade Popular da Comisión Episcopal para a Evanxelización, Catequese e Catecumenado, celebrouse na Hospedería San Martiño Pinario baixo o título «A piedade popular como lugar teolóxico para a evangelización».
O acompañamento continúa ao volver a casa
Ao facer balance das xornadas, o bispo de Palencia e responsable da área de Piedade Popular, Mons. Mikel María Garciandía Goñi, lembrou que a elección de Santiago de Compostela como sede respondía a un propósito concreto: o prelado, que pronunciou o relatorio inaugural, explicou que se busca que a presenza da Igrexa no Camiño de Santiago sexa «máis potente e máis explícita».
O bispo invitou a fixarse en quen se incorpora a unha confraría, visitan un santuario ou emprenden unha peregrinación. Moitas desas persoas, explicou, atopan nesas experiencias un xeito de achegarse a Cristo. O reto para as comunidades cristiás é acompañalas tamén cando retoman a súa vida cotiá.
O bispo de Palencia subliñou que a preparación do Ano Santo compromete as dioceses polas que pasan os peregrinos. Segundo avanzou, xa se traballa nuns materiais que se completarán coas achegas diocesanas. A previsión é contar a principios do próximo ano cun proxecto concreto que axude as comunidades para unir a acollida do camiñante co anuncio do Evanxeo.
Templos abertos e persoas dispostas a escoitar
Pola súa banda, Francisco Julián Romero Galván, conselleiro do Dicasterio para a Evanxelización para as cuestións dos santuarios, destacou a resposta das dioceses. Explicou que, a partir dun documento de traballo, a Conferencia Episcopal pediu aos asistentes que propuxesen medidas concretas para coordinar a acollida e o acompañamento dos peregrinos de cara ao próximo Ano Santo compostelán..
Entre as prioridades, Romero Galván sinalou la de manter templos abertos ao longo do Camino e contar con voluntarios que poidan recibir a quen chega, escoitalos e acompañalos. Tamén destacou a importancia de que os peregrinos teñan ocasión de celebrar o sacramento da reconciliación e de participar na eucaristía. O propósito, explicou, é favorecer «un cambio interior en quen peregrina». Nesa tarefa atribuíu un papel especial ás dioceses galegas e ás demais polas que discorren os roteiros xacobeos.
A experiencia do peregrino, da catedral á Oficina do Peregrino
As sesións en San Martiño Pinario abordaron tamén o sentido das expresións populares de fe, as posibilidades do patrimonio relixioso para a evangelización e o acompañamento á mocidade. Garciandía destacou a achega do mallorquino Fernando Moscardó Veigas, membro do equipo internacional de Journey to Redemption, que falou da necesidade de sanación dos mozos e do seu papel na evanxelización doutros mozos.
O xoves, os asistentes percorreron a Catedral nunha visita guiada desde a perspectiva de quen chega a Santiago tras facer o Camiño e participaron despois na Misa do peregrino. A última xornada dedicouse á formación de discípulos misioneiros, aos ritos cos que os santuarios despiden a quen os visita e á proposta de incorporar unha vogalía de evanxelización nas xuntas directivas. As xornadas concluíron na Oficina do Peregrino, onde se presentou a pastoral de peregrinación.






