DECRETO sobre as disposicións diocesanas para o Xubileu 2025 "Peregrinos da Esperanza"

Con data do 9 de maio de 2024, solemnidade da Ascensión do noso Señor Xesucristo, o Papa Francisco fixo pública a convocatoria do Xubileu ordinario de 2025 mediante a Bula Spes non confundit (“A esperanza non defrauda”). Baixo o lema “Peregrinos de Esperanza”, convídase a todos os fieis do mundo para vivir un tempo privilexiado de conversión, penitencia e renovación espiritual. O Xubileu comenzaó o 24 de decembro de 2024 coa apertura da Porta Santa da Basílica de San Pedro, no Vaticano, e concluirá o 6 de xaneiro de 2026.

Seguindo as indicacións da Bula e do Decreto da Penitenciaría Apostólica do 13 de maio de 2024, o Santo Padre dispuxo que o Xubileu sexa celebrado tamén en todas as Igrexas particulares, permitindo que todos os fieis poidan beneficiarse das grazas xubilares na súa propia diocese.

Atendendo a este Decreto e tomando en conta a facultade dada ao Bispo diocesano, o Arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco José Prieto Fernández, decretou o seguinte para a Arquidiocese:

1. Apertura do Xubileu na Diocese: A apertura solemne será o 29 de decembro de 2024, festividade da Sagrada Familia, comezando ás 16:30 na igrexa conventual de San Francisco coa “estación” e continuando cunha peregrinación á Catedral de Santiago, onde se celebrará a Eucaristía.

2. Templos xubilares na Diocese:

A Catedral de Santiago.

Un templo en cada arciprestado durante a súa “semana xubilar”.

Os santuarios marianos: @Ntro. Señora da Barca (Muxía), @Ntro. Señora                           dos Milagros de Amil (Moraña), e @Ntro. Señora de Pastoriza (Arteixo).

3. Indulxencia plenaria: Os fieis que cumpran coas condicións habituais (confesión sacramental, comuñón eucarística e oración polas intencións do Papa) poderán obter a indulxencia plenaria, unha vez ao día, de varias maneiras tal e como se recolle neste Decreto.

4. Iniciativas Xubilares Diocesanas:

Semanas Xubilares: Os arciprestados promoverán “semanas xubilares” con peregrinacións a templos designados, celebracións eucarísticas, liturxias penitenciales e iniciativas caritativas e culturais, enfocadas nas obras de misericordia.

Sacramento da Reconciliación: Os sacerdotes facilitarán a experiencia do sacramento da Reconciliación, poñéndose ao dispor dos fieis.

Catequese e Cultura: Promoveranse catequese sobre o significado do Xubileu e iniciativas culturais que iluminen aspectos do Ano Santo. Instrumentos de Esperanza: Parroquias, comunidades relixiosas e laicos converteranse en instrumentos de esperanza a través de obras de caridade e solidariedade, especialmente a favor dos máis desfavorecidos.

Peregrinación a Roma: A arquidiocese realizará unha peregrinación a Roma do 24 ao 29 de agosto, cruzando a Porta Santa das Basílicas papais.

Calendario Temático: Aléntase a participar en eventos como o Xubileu dos Mozos, o Xubileu dos Catequistas e o Xubileu das Familias.

5. Clausura do Xubileu na Diocese:

De acordo con o establecido polo Papa Francisco, o Ano Xubilar concluirá nas Igrexas particulares o domingo 28 de decembro de 2025, cunha solemne celebración eucarística na Igrexa Catedral, en acción de grazas por todo o recibido durante este ano especial de oración e conversión.

Decreto sobre as disposicións diocesanas para el Xubileu 2025  (PDF)

 

Previous articleO Arcebispado de Santiago de Compostela aproba o orzamento para o año 2025
Next articleMons. Francisco Prieto: "A familia é un don de Deus, un fogar de esperanza"