No contexto do Ano Xubilar convocado polo Papa e que ten o seu epicentro na cidade de Roma, as parroquias do Arciprestado de Faro, integradas polos concellos da Coruña e Arteixo, únense a esta iniciativa con numerosos actos programados ao longo deste ano.Moitos deles xa tiveron lugar nos pasados meses e outros aínda agardan os últimos momentos do ano. De entre todos eles, destacamos o que terá lugar este próximo sábado, día 8, e que estará presidido polo Sr. Arcebispo de Santiago, Mons. Francisco José Prieto.
Convocados na igrexa de San Pedro de Mezonzo, por ser a máis capaz da zona, a xornada comezará a partir das 11:00 h. cun espazo penitencial que culminará coa Misa solemne das 12:00 e a procesión extraordinaria coa imaxe da Virxe do Rosario, patroa da cidade.
Trátase da primeira vez que dita imaxe saia da cidade vella para presidir un acto deste tipo, mostra da importancia que a Igrexa que camiña na Coruña quere dar esta celebración, que estará acompañada de numerosos estandartes e insignias de distintos movementos e asociacións da comarca.
Significativo, neste sentido, é tamén a conferencia que Paco Vázquez pronunciou este mércores, no salón de actos dos PP. Salesianos ás 20:00 h. sobre a súa experiencia como embaixador ante o Vaticano no contexto doutros acontecementos xubilares.













