O Arciprestado de Postmarcos celebra o seu Xubileu en Noia

Noia converteuse este domingo en punto de encontro para os fieis do arciprestado de Postmarcos, que celebraron alí unha celebración conxunta con motivo do xubileu, presidida polo arcebispo emérito de Santiago, mons. Julián Barrio.

A xornada comezou fronte ao Convento de San Francisco, onde se congregaron numerosos fregueses. Estaba previsto realizar unha pequena peregrinación pola Carreiriña e O Curro ata a igrexa de San Martiño, pero a choiva obrigou a suspender o percorrido. Ata alí foron trasladadas as sete cruces representativas das parroquias principais de Noia, Ribeira, Boiro, A Pobra, Porto do Son, Lousame e Rianxo.

O párroco de San Martiño, José Ortoño, destacou a relevancia do evento, ao ser a primeira vez que os fieis do Barbanza poden alcanzar o xubileu sen saír da comarca. Tamén subliñou a boa sintonía entre as parroquias do arciprestado, e avanzou que a intención é continuar organizando actividades conxuntas no futuro.

Previous articleV Encontro Interdiocesano de Formación de Pastoral Familiar
Next articleXubileu do Arciprestado do Salnés