O Arciprestado de Faro-A Coruña celebrou a súa xornada xubilar en A Coruña cunha mensaxe de esperanza e reconciliación

  • O arcebispo de Santiago presidiu a eucaristía na igrexa de San Pedro de Mezonzo e chamou os fieis a ser “artesáns de esperanza” nun mundo ferido pola indiferenza.

No marco do Ano Xubilar convocado polo Papa Francisco, as parroquias do Arciprestado de Faro-A Coruña, que integran os municipios da Coruña e Arteixo, viviron hoxe sábado 8 de novembro unha intensa xornada de celebración e comuñón na igrexa de San Pedro de Mezonzo, na Coruña.

A cita reuniu aos párrocos das 48 parroquias que conforman o arciprestado, xunto ao vigairo da Coruña, Severino Suárez Blanco, e o arcipreste, José Manuel Hermida Abad. A eucaristía foi presidida polo arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, nunha cerimonia que congregou a centenares de fieis e na que participou o Coro infantil e xuvenil Cantabile.

A xornada comezou ás once da mañá cun espazo penitencial, momento de recollemento e reconciliación que culminou coa misa solemne do mediodía. Desde primeiras horas, o templo encheuse de fieis que quixeron participar nun acto que, máis aló do seu significado litúrxico, viviuse como un verdadeiro encontro de Iglesia viva, en comuñón con toda a Igrexa Universal.

“Cristo mesmo é o xubileu”

Durante a súa homilía, o arcebispo quixo profundar no verdadeiro significado do Ano Xubilar, animando aos fieis para vivilo como un tempo de renovación interior, alegría e compromiso cristián“Cristo mesmo é o xubileu. Cristo mesmo é a porta que se abre, porque en Cristo chegounos o amor de Dios misericordioso”.

Monseñor Prieto recorreu a unha imaxe simbólica para describir a vida eclesial do arciprestado, aludindo á riqueza de comunidades, grupos e movementos que conforman e fortalecen a fe na comarca. Sinalou que cada parroquia e cada crente achegaban a súa propia cor e expresión a ese conxunto diverso que dá forma e vitalidade á Igrexa, unha comunidade unida na fe e no servizo ao Evanxeo.

O prelado destacou a esperanza como eixo central do Xubileu Romano 2025, unha celebración que une a toda a Igrexa Universal nun mesmo espírito de fe. Lembrou que o Papa Francisco foi quen convocou este ano Santo e que o Papa León convida a vivilo como un tempo de acción de grazas e reconciliación, unha oportunidade para renovar o corazón e abrirse con alegría á graza de Deus.

Chamados a sementar esperanza

O arcebispo animou aos fieis para converterse en “artesáns de esperanza”, lembrando que esta misión non depende unicamente do esforzo persoal, senón da acción transformadora da graza de Deus. Explicou que ser artesán significa poñer a alma, o corazón e a vida no que se fai, deixando que cada xesto e cada obra transmitan beleza e xeren comuñón. “Así debemos ser tamén nós, artesáns de esperanza que leven o amor de Cristo a quen máis o necesitan”.

 

Neste sentido, mons. Prieto insistiu en que este ano Xubilar debía traducirse en xestos concretos de caridade, solidariedade e reconciliación, lembrando que “de nada valería celebrar o xubileu se non nos libera das nosas escravitudes e nos converte en liberadores dos demais”.

Na parte final da súa homilía, o arcebispo dedicou un especial recordo á Virxe María, a quen chamou “a nai que nos acompaña”.

Unha chamada á solidariedade

Tras a Eucaristía, os fieis participaron nun acto no atrio do templo, no que se elevou a voz en favor dos máis vulnerables: presos, pobres, migrantes, enfermos, anciáns… Inspirado na mensaxe papal “Dilexit te” (“Ameite”), o encontro puxo de relevo que “o amor cristián non é abstracto, senón concreto e comprometido”.

“Hoxe pedimos por quen o mundo esquece, por quen non teñen voz nin lugar”, escoitouse nunha das intervencións, que resumiu o espírito dunha xornada marcada pola sensibilidade social e o compromiso evanxélico.

 

Unha procesión histórica coa Virxe do Rosario

Como colofón á celebración, tivo lugar unha procesión extraordinaria coa imaxe da Virxe do Rosario, patroa da Coruña, que por primeira vez saíu da Cidade Vella para presidir un acto destas características. A procesión, rodeada de numerosos estandartes e insignias de distintos movementos e asociacións do Arciprestado, percorreu os arredores da igrexa de San Pedro de Mezonzo entre cantos e oracións. Este histórico xesto simbolizou a proximidade da Igrexa coruñesa co seu pobo e puxo de relevo a vontade de facer deste Xubileu un tempo de encontro, reconciliación e fe compartida.

Un día xubilar e jubiloso

A xornada xubilar do Arciprestado de Faro viviuse, como sinalou o propio arcebispo, “como expresión desa porta de graza e de salvación que se abriu con abundancia de perdón e misericordia”.

Foi un día xubilar e jubiloso, no que as parroquias da Coruña e Arteixo uníronse para dar testemuño dunha Igrexa viva, esperanzada e en camiño. Un mosaico de fe que, baixo a mirada de María do Rosario, quixo abrir as súas portas e o seu corazón ao amor de Dios que non defrauda.

Previous articleIgrexa e empresarios piden un uso ético da intelixencia artificial que potencie as capacidades humanas e respecte a dignidade da persoa
Next articleO arcebispo de Santiago preside a Eucaristía do Congreso Nacional de Estudantes de Dereito e invita á mocidade xurista a vivir a súa vocación con compromiso e fraternidade