Mons. Francisco José Prieto: “o Camiño de Santiago é unha espléndida vía de humanidade e humanización” para unha “Europa cansada e deprimida”Conferencia de mons. Prieto. "Os camiños de Deus e os vieiros do home no Camiño de Santiago".

No marco da Cátedra de Estudos Europeos Camiño de Santiago, a Fundación Paulo VI e o Arcebispado de Santiago de Compostela, impartiuse a conferencia “Os camiños de Deus e os carreiros do home no camiño de Santiago”, por parte do arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco Prieto Fernández.

O relatorio, que tivo lugar o 4 de marzo, ás 19 horas, en Paseo Xoán XXIII de Madrid,  abordou o papel decisivo que o camiño de Santiago tivo na vertebración de Europa e o que segue tendo hoxe como promotor da cultura do encontro.

A Cátedra de Estudos Europeos Camiño de Santiago é o froito dun convenio entre a Fundación Paulo VI e o Arcebispado de Santiago de Compostela, que, no marco da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía, propón accións conxuntas, no ámbito formativo e de xeración de pensamento, sobre o valor cultural, espiritual, político e social do roteiro xacobeo e a súa contribución para crear a semente da unidade europea.

Previous article"24 Horas para o Señor" | Invitación do Arcebispo
Next articleNota dos Bispos de la Provincia Eclesiástica de Santiago de Compostela ante a Solemnidade de San Xosé