O profesorado de Relixión participa nunha xornada de formación en Santiago

O profesorado de Relixión reuniuse este sábado na Casa Diocesana de Exercicios de Santiago para participar nun curso de formación organizado pola Delegación para a  Educación, dirixida por Begoña Díaz.
A xornada comezou cunha celebración de bendición e envío do profesorado como “peregrino da esperanza” tamén no ámbito escolar.
Durante a mañá, o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco Prieto, visitou os participantes e animounos a continuar o seu labor educativo con calidade e como testemuño de fe.
Na súa intervención, o prelado lembrou que os docentes están chamados a ser “sal e luz”, non polos seus propios méritos, senón como un don de Deus posto ao servizo da comunidade educativa.
Posteriormente, desenvolveuse a parte formativa do encontro, centrada na experiencia de Deus a través da arte, concretamente na arte románica. Os relatores desta actividade foron Isabel Fernández Abad, Presidenta da Fundación NARTEX; Elena Aranda Vázquez e Roberto Chaverri Begué, do Grupo de Estudos Medievais AMORNA; e María José Miranda Pardo, Historiadora da arte.
Previous article15N | Asamblea Diocesana 2025
Next articleEucaristía de Inicio Diocesano da Catequese, en directo por TVG