- Nenos e familias de toda a diocese congréganse en Santiago para vivir unha xornada de esperanza
- O arcebispo de Santiago afirma que “a esperanza é unha luz que nunca se apaga” e que “somos unha familia unida pola fe, a esperanza e o amor”
Nun clima festivo, espiritual e familiar, o xoves 1 de maio tivo lugar o XI Encontro Diocesano de Nenos e Familias, unha xornada convocada polo arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, e organizada conxuntamente polas delegacións de Pastoral de Infancia e Mocidade, Familia e Catequese. O evento, que congregou por centos de nenos, familias, catequistas, docentes e párrocos, tivo lugar baixo o lema: “Porque a esperanza existe”.
Desde primeira hora da mañá, o colexio La Salle encheuse de rostros ilusionados. Nenos chegados de diversos puntos da diocese, acompañados polas súas familias, párrocos e catequistas, viviron unha xornada repleta de actividades, oración, reflexión e alegría compartida.
Unha gran familia unida pola fe
O encontro iniciouse cunhas cálidas palabras de benvida de Don Francisco, quen, cun ton próximo e cheo de entusiasmo, expresou: “Somos unha gran familia: familias, parroquias, comunidades… Hoxe celebramos a alegría de saber que Jesús vive entre nós, e esa é a fonte da nosa esperanza”.
Durante a súa intervención, alentou aos nenos para recoñecerse mutuamente como irmáns en Cristo e animounos a vivir a xornada con emoción, como unha auténtica festa de comuñón e fe. Nun xesto de proximidade, o prelado soubo conectar coa experiencia cotiá dos nenos, evocando incluso o recente apagamento eléctrico: “Foise a luz, pero non as luces que brillan no corazón (…). As luces que Deus acende no corazón xamais se apagan” afirmou, provocando unha onda aplausos entre os máis pequenos.
A alegría do Evanxeo a través da arte: Valiván
Tras as palabras do arcebispo, deu comezo una das actividades máis esperadas polos nenos: a actuación de Valiván, un espectáculo catequético e artístico conducido José e Vali.
Con humor, tenrura e gran capacidade comunicativa, “Renata” e “Leopoldo” presentaron varias parábolas do Evanxeo, como a casa sobre a roca e a ovella perdida… Cada historia foi adornada con música, marionetas, sombras e xogos que fixeron vibrar a grandes e pequenos.
Un dos momentos máis emotivos chegou cando introduciron a figura de San Francisco de Asís, a quen os personaxes pediron axuda para ser santos. O santo respondeu desde o “ceo” cunha mensaxe de amor, paz e esperanza.
A actuación non só entretivo, senón que catequizó. Os nenos participaron activamente, corearon cancións como “Espírito Santo, ven” e formaron parte dunha representación colectiva da ovella perdida comprendendo que Jesús é o Bo Pastor que nunca abandona aos seus.
Obradoiros para sementar esperanza
Ás 12 do mediodía, o colexio transformouse nun espazo de formación, reflexión e convivencia coa realización de dez obraddoiros simultáneos, organizados para abordar o tema da esperanza desde diferentes enfoques e dirixidos a diversas idades e perfís:
O Movemento Scout Católico ofreceu o taller “Mensaxeiros de esperanza”, onde se convidou a descubrir como todos podemos contribuír co noso testemuño ao anuncio da Boa Noticia. Pola súa banda, as Fillas da Natividade de María guiaron o taller “Seguindo as pegadas de Don Baltasar con esperanza”, centrado na figura deste sacerdote exemplar, gran catequista e apaixonado pola Eucaristía e a evangelización infantil.
Os seminaristas maiores da diocese propuxeron un espazo dinámico e vocacional baixo o título “Somos sementes de esperanza”, onde os participantes reflexionaron sobre o sentido profundo das súas vidas. Nunha proposta de acción social, el proyecto Cativos de Cáritas interparroquial de Santiago presentó o obadoiro “O mundo pode cambiar desde o corazón”, onde se animou aos máis pequenos a ser axentes de transformación na súa contorna.
A ONG Mans Unidas compartiu a súa experiencia internacional no obradoiro “Anímate a compartir a esperanza”, resaltando a importancia de colaborar en proxectos solidarios que chegan ás zonas máis necesitadas do planeta. O mercedario Frei Tomás ofreceu un valioso testemuño en “Compartindo a vida cos nenos da rúa”, relatando o seu traballo cos nenos limpabotas na República Dominicana.
Tamén houbo espazo para a creatividade co taller “Cóntame un conto con esperanza”, conducido por unha profesora do Colexio de La Salle, que usou a narración para transmitir valores fundamentais aos máis pequenos. A Delegación de Catequese propuxo “Crecendo en esperanza”, un obradoiro baseado na metodoloxía Godly Play, inspirado en Montessori, que axudou aos nenos desde 3 anos a experimentar a fe desde a narración bíblica.

Cunha proposta adaptada aos máis pequenos (de 3 a 6 anos), o taller “Xesús, o meu Pastor” permitiu, a través da catequese do Bo Pastor, un primeiro achegamento a Xesús como guía e protector. Finalmente, as familias tiveron o seu espazo en “Ser pais, unha vocación de esperanza”, organizado pola Delegación de Pastoral Familiar, que brindou ferramentas para acompañar a fe dos fillos desde o fogar.
Dez talleres, dez maneiras de vivir, compartir e sementar esperanza.
Mesa, diálogo e xogos
Ás dúas da tarde tivo lugar un xantar de confraternización na que familias, catequistas, párrocos e nenos compartiron o xantar nun clima de comunidade e festa.
Mentres os pequenos gozaban despois dun tempo de xogos ao aire libre, os adultos participaron nun café-coloquio, onde intercambiaron experiencias sobre a transmisión da fe na familia e a vida parroquial.
A esperanza como agasallo
A xornada concluíu coa celebración da Eucaristía na Catedral de Santiago, presidida por mons. Francisco Prieto, quen na súa homilía volveu lembrar na mensaxe central do encontro: a esperanza como don do Espírito Santo.
Cun enfoque afectuoso e participativo, o arcebispo outorgou un papel central aos nenos, facéndoos protagonistas da súa mensaxe. A súa intervención virou ao redor dunha pregunta que marcou o ton da xornada desde o comezo: “Por que hai esperanza?”.
A partir desta interpelación, o prelado foi debullando unha mensaxe de fe sinxela, vivida e transmitida desde a infancia. Coa axuda dos entrañables personaxes de Valiván, “Renata” e “Leopoldo”, que animaron o encontro desde a mañá, o arcebispo puxo de manifesto que a esperanza non é un sentimento inxenuo, senón unha certeza ancorada na experiencia cristiá.
Ademais varios nenos participaron activamente no diálogo co arcebispo, achegando reflexións espontáneas e profundas sobre o significado da esperanza. Un deles respondeu con tenrura: “Porque eu teño o meu mellor amigo, que é Jesús”. Outro engadiu con convicción: “Se pedimos o Espírito Santo, énchenos o corazón de esperanza”.
Estas sinceras intervencións deron pé ao arcebispo para profundar na súa mensaxe, destacando que “o Espírito fai que hoxe esteamos aquí (..). Somos fillos dun Pai, irmáns en Cristo. Somos unha familia con vínculos de fe, esperanza e amor”.
Outro neno expresou a súa vivencia da esperanza como fe activa: “Deus está a facer o seu parte, nós temos que cumprir a nosa”. Unha idea que o arcebispo recolleu con entusiasmo. Afirmou: “Deus non se cansa nunca de amarnos. Como os vosos pais: ás veces están cansos, pero nunca deixan de ser pais”.
Mons. Francisco Prieto animou aos nenos para levar a mensaxe máis aló do encontro , a compartir o vivido durante o día: “Contaxiade o que aquí vivistes, o que aquí celebramos. Que os vosos compañeiros en casa e nas parroquias saiban que hai unha esperanza que nos sostén. Non é só para nós, é para compartila”.
O encontro coincidiu coa festa litúrxica de San José Obreiro, figura á que o arcebispo tamén dedicou palabras. “Hoxe miramos a San José, o home fiel que con corazón de pai coidou de María e Jesús. Tamén nós estamos chamados a colaborar, a traballar como el, poñendo da nosa parte”.
Contaxiar esperanza
O XI Encontro Diocesano de Nenos e Familias supuxo unha experiencia de Iglesia viva, alegre e en saída. Unha xornada onde se teceron lazos entre comunidades, renovouse a fe dos pequenos e dos maiores, e acendeuse unha chama: a certeza de que “a esperanza existe”, e camiña no rostro de cada neno, en cada abrazo, en cada oración compartida.
A Arquidiocese de Santiago xa mira con ilusión e proxecta con esperanza o próximo encontro, confiando en que o vivido hoxe continúe dando froitos abundantes en cada comunidade parroquial. Como expresou o arcebispo Mons. Francisco Prieto: “Merece a pena. Sabemos en quen confiamos. Xesús é a nosa esperanza.”
