O 1 de mayo, Encontro diocesano de nenos e familias

A delegacións de Pastoral de Infancia e Mocidade, Familia e Catequese organizan o 1 de maio o XI Encontro diocesano de nenos e familias en Santiago de Compostela, convocado polo noso arcebispo Mons. Francisco José Prieto. Trátase dunha xornada festiva, que, baixo o lema: “Porque a esperanza existe”, terá o seguinte horario:

10.30h – Acollida (Colexio de La Salle).

11.00h – Actuación VALIVÁN para todos

12.00h – Obradoiros (para familias e nenos)

14.00h – Xantar de trouxen (cada un trae o seu)

15.00h – Xogos (nenos) / Café – coloquio (pais)

17h – Eucaristía na catedral presidida polo Arcebispo.

Para que este día sexa moi especial e todas as actividades programadas póidanse levar a cabo, necesitamos voluntarios! Anímasche? Para participar como voluntario é necesario cumprimentar o formulario que aparece a continuación.

Os voluntarios que vivan en Santiago vémonos o martes 30 de abril ás 17h no Colexio de La Salle. Os voluntarios que vivan fóra de Santiago quedamos o mércores 1 de maio ás 9h no Colexio de La Salle de Santiago de Compostela para preparar todo. Acórdate de traer o xantar.

Para formalizar a inscrición dos menores de idade, é necesario anexar a autorización paterna ao formulario de inscrición (tamén se pode enviar a juventud@depasxuventude.com ou entregala fisicamente).

Previous articleO Voluntariado das Cáritas en Galicia celebra este sábado o seu encontro en Santiago
Next articleCelebración da Pascua na Confraría da Quinta Angustia